Bos días a todos e todas!
Que tal o inicio de curso? Por aquí estivemos moi atarefados/as e é que como podedes ver a nosa Biblio ten unha nova imaxe, que vos parece? Quedou moi chula, verdade!
Gañamos espazos e reorganizamos o mobiliario de xeito que tanto os máis pequenos/as coma os máis maiores teñan acceso aos diferentes recunchos e espazos, permitíndolles así, non só desfrutar da lectura, senón tamén de xogos, de acceso á rede ou mesmamente para desfrutar dunha charla entre compañeiros/as nun lugar diferente ao patio ou pavillón.
Pero como xa sabedes, a nosa biblioteca é un lugar ao que non só poden vir os nenos/as do cole, senón que tamén está aberto para vós, as FAMILIAS!
Recordade que a bilioteca está aberta de martes a xoves de 4 a 6 da tarde.
Así que, aquí vos agardamos!