A semana pasada leváronse a cabo no Ceip de Celeiro unhas charlas sobre Educación afectivo-sexual tanto para alumnos de 5º e 6º de EP como para as familias de todo o alumnado.
Estas charlas foron impartidas por Otero Piñán, licenciados en medicina e especializados en promoción da saúde sexual.
A Educación afectivo-sexual é un dereito dos nenos, nenas e adolescentes que está recollido como tal pola OMS. Ademais o noso centro participa en contratos programa como EmociónaT e dentro do cal se enmarcan este tipo de talleres que axudan a convivir en igualdade e sin discriminacións.