Actividades e proxectos na aula de inglés

 Nas materias de Lingua Inglesa 3º, 4º, 5º  e 6º e en Edicación Plástica (sección bilingüe)  6º de primaria, durante o primeiro e segundo trimestre desenrolamos o proxecto: COIDANDO ÁS NOSAS MASCOTAS. Consiste en concienciar, actuar e buscar solucións que melloren a vida desas mascotas,pero tamén das que non tenen donos por diferentes motivos e a importancia que ten  no sufrimento físico e  emocional  e no medio ambiente o descontrol e desatención dos mesmos.

 

Contamos con moita aportacións e visitas ao centro: Colonias Rueiras (gatos) que nos deixaron unhas caixas para "botarlles unha pata", Gadoupas (protectora de animais), as dúas de Viveiro e Celeiro, Laura a profe de segundo de EP, Luis (adestrador  de cans de Xove), un veterinario de Irlanda,…

 

Na aula temos un corcho donde expoñen as fotos das mascotas, información sobre elas e noticias de prensa .Na biblioteca de aula hai diferentes libros e algunha revista e comic sobre o tema. No blog de inglés e na canle de Youtube recollemos parte das actividades desenroladas.