O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.
Desde o colexio queremos manifestar o noso compromiso de traballar para previr a violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións e combater calquera outro tipo de violencia:
No seguinte vídeo podemos ver ao noso alumnado nos murais que realizamos con palabras positivas e negativas. PREMER NA IMAXE