Na mañá do xoves, 24 de novembro, as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria tiveron un día moi ameno e vinculado ao medioambiente e a reciclaxe.
Primeiramente clasificaron todo o lixo recollido fai unhas semanas no lavodoiro e na fonte de Celeiro, para máis adiante facer unha obra artística con todo o seleccionado e reciclar o resto nos contedores correspondentes.
Despois asistiron a unha charla organizada por SOGAMA para explicarlles o uso dos novos contedores marróns e facer un breve repaso por todos os outros.