O Concello de Aranga, brinda unha actividade para ofrecer unha ocupación para a rapazada de 4 a 14 anos do Concello de Aranga, naquelas familias que, pola ocupación laboral dos seus proxenitores, teñan dificultades para atender os menores en horario laboral.
O programa consistirá na organización de diversas actividades de carácter educativo, deportivo ou recreativo, orientadas a ocupar de xeito produtivo as mañás dos días laborables.
Haberá 40 prazas por quincena distribuidas en grupos de idade homoxénea.
No caso de haber máis demanda que prazas dispoñibles aplicaránse os seguintes criterios de prioridade:
- 1º Casos de vulneravilidade
- 2º Empadroados no Concello de Aranga
- 3º Alumnado do CEIP A Castellana
- 4º Familias cunha renda inferior ó 3,5 do IPREM
- 5º Familias cos/as proxenitores/as empregados/as.
Unha vez confirmada a participación. Enviarase a documentación precisa para a inscrición definitiva. Que se deberá presentar nas oficina de Deportes do Concello de Aranga ou na súa sede electrónica (preciso sinatura dixital)
-Convocarase a unha reunión a un proxenitor/a de cada familia, na que se resolverán as inquedanzas que se poidan ter sobre a actividade.
-O pagamento da taxa efectuarase mediante ingreso/transferencia bancaria. Pode facer a solicitude a través da seguinte ligazón.