Skip to Content

Cantamos con Pako Pakolas e a súa ilustradora Laura

Hoxe desfrutamos de Pako Pakolas e as súas cancións, xunto coa súa ilustradora Laura; que ao mesmo tempo que cantábamos as cancións debuxou os protagonistas das súas cancións tan marchosas.

*Nota: na galería tedes máis imaxes do día de hoxe.

 Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

Lectómetro de 3º e 4º

A lectura é unha ferramenta fundamental no desenvolvemento intelectual e emocional dos nenos de primaria. A través dela, os pequenos abren unha fiestra a mundos imaxinarios, enriquecen o seu vocabulario e melloran a súa comprensión lectora.

Ademais, ler fomenta a capacidade crítica e creativa, permitíndolles construír o seu propio criterio fronte a diversas situacións. Ao mergullarse nas páxinas dun libro, os nenos exercitan a súa concentración e aprenden a manter a atención durante períodos máis longos de tempo. Isto é especialmente relevante na era dixital, onde os estímulos breves e constantes poden afectar a súa capacidade para manterse enfocados en tarefas únicas.

Compartimos con todos vós, a actividade feita na aula de 3º e 4º de Primaria: O lectómetro. Cada neno/a ten un cohete personalizado, que comezan xa a despegar en función do que lea cada un.

Xuntos en Aranga!

Compartimos con todos vós, unha fermosa actividade que fixemos con todos os alumnos e alumnas do CEIP A Castellana. 

Como podedes ver, ubicamos cada alumno/a no lugar onde vive neste fermoso Concello de Aranga.

Aranga, terra de beleza natural, é un lugar idóneo para que os máis pequenos comprendan a importancia de coñecer e valorar o seu entorno. O recoñecemento do lugar onde se vive é fundamental na educación dos nenos, pois fomenta a pertenza e a identidade local, dúas pezas clave no desenvolvemento da súa personalidade e cidadanía.

Hoxe pasámolo en grande con Paco Nogueiras!

Hoxe visitounos Paco Nogueiras, para darnos ledicia e festa a todos e todas! Gozamos con este músico, actor e contacontos todos e todas xuntos na escoliña pequena.

Pasámolo xenial, encantáronnos os contos que nos relatou. 

*Nota: na galería tedes máis imaxes do día de hoxe.

 Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

Happy Thanksgiving!

Cada cuarto xoves do mes de novembro celébrase o día de Thanksgiving (Acción de Gracias) nos Estados Unidos.

Este ano temos a sorte de poder celebralo co noso auxiliar de conversa, Unai, orixinario de Los Ángeles.

Durante esta semana puidemos achegarnos un pouco máis a esta festividade grazas á súa experiencia, e os compañeiros de 3º e 4º, aproveitamos a súa colaboración na materia de Arts & Crafts para elaborar estes preciosos pavos.

Esperamos que vos gusten!

Gozamos da lectura na biblioteca coa nosa mascota

A lectura é unha ferramenta poderosa no desenvolvemento cognitivo e emocional dos nenos/as. Nesta etapa, a imaxinación está en plena efervescencia e os libros convértense en portais para mundos cheos de fantasía e aventuras que estimulan a creatividade e a curiosidade.

Ao ler, os pequenos melloran a súa comprensión lectora e amplían o seu vocabulario, o que é fundamental para o seu éxito académico futuro.

Ademais, as historias con que se atopan nos libros ensínanlles valores importantes como a empatía e a solidariedade, xa que se identifican con personaxes e situacións que lles axudan a entender mellor o mundo ao seu redor.

Fomentar o uso da biblioteca nos máis pequenos é esencial para converter a lectura nun hábito duradeiro. A biblioteca do CEIP A Castellana é un espazo ideal para facer voar a nosa imaxiación na compaña de Camacho o Ourizo Cacho.

 

Traballamos cos Bee-bots

O traballo con Bee-Bots na educación infantil é fundamental para o desenvolvemento do pensamento computacional básico dende idades temperás.

Estes robots programables son unha ferramenta excepcional que axudan aos nenos e nenas a familiarizarse con conceptos como a secuenciación, a orientación espacial e a resolución de problemas de forma lúdica e interactiva.

Ao utilizar os Bee-Bots, os pequenos aprenden a trazar rutas e a anticipar movementos, habilidades que son a base da codificación e que favorecen o pensamento lóxico-matemático.

Ademais, esta experiencia promove o traballo en equipo e o desenvolvemento de habilidades sociais, xa que as actividades co Bee-Bot adoitan realizarse en grupo, fomentando así a comunicación e a colaboración entre os máis cativos.

Ao longo do curso seguiremos a fomentar este tipo de pensamento computacional tanto en EI como en 1º e 2º de EP, por ser unha liña dentro do Plan Dixital do centro.

Brincamos e bailamos con Paco Pakolas!

Hoxe veunos visitar Paco Pakolas. Bailamos e brincamos "rokeando" con Ramona Órbita.

Pasámolo en grande!

Compartimos algunha imaxe e un vídeo onde nos poderedes ver con moita marcha no corpo.

Ademáis, Paco Pakolas fíxonos un fermoso agasallo para a Biblioteca do CEIP A Castellana, o seu libro de A Ramona Pequena vai á Lúa!

*Nota: na galería tedes máis imaxes do día de hoxe.

 

Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

 

Celebramos o Magosto!

Hoxe no CEIP A Castellana, estivemos a celebrar o magosto!

Esta tradición, que ten as súas raíces na celebración do final da colleita de castañas, converteuse nun evento social no que as familias e amigos reúnense para disfrutar duns momentos de festa e celebración.

No día de hoxe, as castañas foron as protagonistas indiscutibles desta festa, xunto coa ledicia do encontro entre toda a Comunidade Educativa.

Pasamolo xenial! 

Tedes todas as imaxes na galería.

Agradecer a colaboración da ANPA na festividade e a todos os pais/nais pola participación.

 

Imaxinamos e aprendemos con Anxo Moure!

No día de hoxe tivemos a visita de Anxo Moure. Anxo Moure Mosquera é un escritor, contacontos e ecopacifista español. Coñecido polas súas actividades cómicas e educativas con nenos, mentres ensina o que lle pasa ao mundo ao non coidar da natureza.

Pasámolo xenial!

Anxo fomentou nos nenos e nenas o Respecto á natureza, ós árbores e a importancia de recoñecer nosa identidade propia, as tradicións e costumes que herdamos dos nosos antepasados, e a maneira en que estas influencias moldaron a nosa forma de ver o mundo.

Agradecemos a ANPA e o Concello de Aranga pola súa colaboración.

Compartimos algunha imaxe do día de hoxe con todos vós, aínda que recordade que na galería de imaxes podedes atopar máis.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut