Skip to Content

Biblioteca

Tan diferentes como iguais. 21 de Marzo, Día Mundial da Síndrome de Down.

O claustro do CEIP Plurilíngüe de Carnota quere sumarse á campaña de Down Galicia:

 

Tendo en conta a situación que nos toca vivir non queremos pasar por alto esta data sen alzar a voz para reclamar unha sociedade máis inclusiva, diversa e plural.

Por iso #EUQUEDONACASA e visibilizamos o 21M poñéndonos #CalcetínsDispares.

 

CADA XESTO CONTA

Dende a Biblioteca do colexio imos colaborar un ano máis nunha campaña de recollida de produtos navideños e de limpeza. O lema desta campañadeste ano é "Cada xesto conta". Picade na imaxe para ver toda a información da campaña.

                                                                           

 

 

 

25 de novembro: Non é Non

Lecturas 25N

Con motivo do 25N, dende a Biblioteca animámosvos a participar. Tedes AQUÍ a información.

KAMISHIBAI 2018-2019

Outro ano máis volvimos a pasar un "Mes de Fábula". Aquí deixamos unha mostra dos Kamishibai de 4º, 5º, e 6º de Primaria.

KAMISHIBAI 4º A KAMISHIBAI 5º KAMISHIBAI 6º

Adaptacións e melloras na nosa biblioteca!

No noso centro estamos levando a cabo algunhas reformas co fin de acadar unha biblioteca máis inclusiva e que estea ao alcance de todos e todas. Aquí vos deixamos algunhas imaxes: 

 

Comezamos con forzas un curso máis!

Un curso máis xa estamos de volta! Este ano o CEIP de Carnota comeza en positivo e cun novo proxecto que xirará en torno ao tema das emocións. Por iso, titulámolo C+ (Carnota en positivo).

 A nosa mascota, Leocadia, este ano está emocionada e así recibe ao noso alumnado invintándoo a emocionarse con ela.

Como podedes ver nas imaxes que aparecerán a continuación, durante estas semanas xa lle estivemos dando vida aos corredores en relación coa temática do noso novo proxecto.

Para cubrir os murais inspirámonos no conto 'O monstro das cores' e todo o alumnado xa pasou a deixar as súas mensaxes en cada un deles.

Seguindo o conto, no amarelo cóntannos cando senten alegría; no azul cando senten tristeza; no verde cando senten calma; no negro cando senten enfando; e, por último, no vermello cando senten rabia.

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o bonito que nos quedou!

Revista oficial do CEIP de Carnota 2018

Ola a todos/as!

 

Un ano mais, a revista oficial do CEIP de Carnota xa está dispoñible!

 

Agora que chegamos ao final do curso, é hora de recordar todas as actividades interesantes que fixemos durante o ano, e reflexionar sobre o que aprendemos. Por iso, os nenos e as nenas do cole de Carnota prepararon moitas seccións con diversas temáticas: seguridade, entrevistas, letras galegas, arte, natureza, entretemento...

 

Para acceder á revista, só tedes que facer click AQUÍ. Apertas!

 

 

Festival Kamishibai 2018

Ola a todos/as!

 

Os Kamishibais regresaron ao CEIP de Carnota! Como nos últimos anos, o alumnado de 4º, 5º e 6º, preparou os seus contos de Kamishibai para compartir co resto de compañeiros/as.

 

Cada un destes cursos elixiu un conto e adaptouno ao estilo Kamishibai. Para iso, tiveron que practicar a lectura en voz alta da historia, e realizar os debuxos que axudaron a representala.

 

Cada día, no tempo de lectura, estes grupos foron representando os seus Kamishibais ante o resto de compañeiros/as.

 

Aquí tedes algunhas fotos destas fantásticas representacións.

 

 

Por último, tamén queremos compartir con vós os vídeos dos Kamishibais para que poidades disfrutalos.

 

 

 4º de educación primaria.

 

 

 

5º de educación primaria.

 

 

 

 

 

 6º de educación primaria.

 

Guía de Lectura Nadal 2017

Presentámosvos a Guía de Lectura para este Nadal, esperamos que vos guste xa que foi preparada con moito cariño por todo o pofesorado do centro.

Esta selección de libros pódevos axudar á hora pedir ou idear un agasallo especial, así como tamén son os compañeiros ideais para mergullarse nunha historia de aventuras, fantasía ou para seguir aprendendo máis cousiñas interesantes sobre o proxecto deste curso, "A seguridade".

Esperamos que gocedes moito destas lecturas!

 

PLAMBE (Plan de Mellora da Biblioteca Escolar)

Desde o C.E.I.P. de Carnota entendemos a nosa biblioteca como o punto de partida para todos os nosos proxectos e ideas. Sen dúbida, é o eixe vertebrador da nosa actividade educativa. Grazas ao plan de mellora das bibliotecas escolares (PLAMBE), podemos proporcionar un espazo con multitude de recursos e posibilidades.

Entre as actividades que estamos levando a cabo na actualidade, podemos destacar:

- Mochilas viaxeiras.

- Clubs de lectura.

- Proxecto "Libros que alimentan".

Ademais, na biblioteca dispoñemos dun amplo catálogo de libros, destinados a todas as idades, así como de diversos ordenadores, onde o alumnado pode buscar información. Por outra banda, o programa MEIGA permítenos desenvolver un sistema de préstamo de libros, dispoñibles para toda a comunidade educativa.

 

 

 

 

Benvidos á biblioteca! (Curso 2017 - 2018)

 

Ola a todos/as,

 

Benvidos un ano máis á nosa biblioteca, o noso espazo de lectura e aprendizaxe onde como xa sabedes, levamos a cabo actividades moi especiais.

A través desta mensaxe queremos comunicarvos que a biblioteca xa está oficialmente aberta, e que podedes acudir a ela cando queirades.

Leocadia quedou moi contenta co éxito do proxecto do ano pasado, relacionado coa ciencia. Este ano, o novo proxecto será "A seguridade", para o cal comezaremos a preparar carteis e materiais. Esperamos a vosa participación!

Distribuir contido


by Dr. Radut