Skip to Content

Biblioteca

SOLUCIÓN DO ENIGMA 11

OLA NENOS/AS!

QUE TAL ESTA RECTA FINAL DE CURSO? QUE VOS PARECEU ESTE ENIGMA? A VÓS GUSTARÍAVOS PROBAR A REALIZAR ESTE DEPORTE ACUÁTICO? A LEOCADIA NON MOITO... SABEDES QUEN O CREOU? COÑECEDES OUTROS DEPORTES ACUÁTICOS? SE QUEREDES TER RESPOSTA A TODAS ESTAS PREGUNTAS, ACCEDEDE Á PRESENTACIÓN INTERACTIVA QUE CREOU A VOSA MASCOTA PREFERIDA

 

SOLUCIÓN ENIGMA 11

 

XA SÓ QUEDA UN ÚLTIMO ENIGMA!

MOITO ÁNIMO!!

SOLUCIÓN DO ENIGMA 10

BOS DÍAS NENOS E NENAS!!

QUE TAL ESTE ENIGMA NÚMERO 10? FOIVOS FÁCIL? ERA MOI CURTO, VERDADE? SE AÍNDA BUSCANDO INFORMACIÓN NON SOUBÉSTEDES CAL ERA A RÍA MÁIS EXTENSA DE GALICIA, NON VOS PREOCUPEDES; LEOCADIA DÍVOLA NA SEGUINTE PRESENTACIÓN INTERACTIVA, ACOMPAÑADA DUN POUQUIÑO DE MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ELA E SOBRE DISTINTOS ACCIDENTES XEOGRÁFICOS:

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 10

 

CADA VEZ QUEDAN MENOS ENIGMAS... A POLO NÚMERO 11!

SOLUCIÓN DO ENIGMA 9

OLA NENOS/AS E FAMILIAS!

 

QUE TAL ESTE ÚLTIMO ENIGMA? FOI MOI FÁCIL, VERDADE? VÓS VISITÁRADES ALGUNHA VEZ ALGUNHA DESTAS ILLAS? LEOCADIA FOI A TODAS ELAS VOANDO DE NOITE, POIS XA SABEDES COS MOUCHOS SÓ VOAN CANDO ANOITECE.

SE NON FÓSTEDES CAPACES DE ATOPAR A SOLUCIÓN OU QUEREDES SABER MÁIS SOBRE ESTAS ILLAS, A VOSA MASCOTA FAVORITA ELABOROU UNHA PRESENTACIÓN INTERACTIVA MOI CHULA:

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 9

 

AGORA A ESPERAR AO SEGUINTE ENIGMA!

UNHA APERTA DE LEOCADIA!

SEMANA DO LIBRO

BOS DÍAS NENOS/NENAS E FAMILIAS!

QUE TAL ESTA PONTE? DESCANSÁSTEDES MOITO? HOXE LEOCADIA QUERÍA RECORDARVOS TODO O QUE FIXEMOS PARA CONMEMORAR A SEMANA DO LIBRO NO COLEXIO.

EN PRIMEIRO LUGAR, TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS TANTO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL COMO PARA O PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA. AOS PEQUENOS/AS ENCANTOULLES SABER COMO NUBE BRANCA CONSEGUIU VER O ESPAZO COA AXUDA DO PINTOR!

A MAIORES E CO OBXECTIVO DE CHEGAR OS LIBROS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, CADA AULA ELABOROU UN CARTEL CON DISTINTOS PARÁGRAFOS DE CONTOS EN GALEGO E QUE FOI COLGANDO POR TODA A LOCALIDADE. ALGÚNS EXEMPLOS FORON ESTES:

 

ERAN CHULÍSIMOS VERDADE? TODOS OS DEMAIS TAMÉN!Guiño

 

E CON TODO ISTO, TOCA ESPERAR A SEMANA DO LIBRO DO ANO QUE VÉN PARA SABER TODO O QUE VOLVEREMOS A REALIZAR!

UNHA APERTA!

 

DÍA DAS ARTES GALEGAS

OLA NENOS E NENAS!

LEOCADIA ENVÍAVOS UN RECURSO EDUCATIVO PARA QUE COÑEZADES UN POUQUIÑO QUE É O DÍA DAS ARTES GALEGAS, A QUEN SE LLE DEDICA ESTE ANO,... ISTO DÉBESE A QUE XA ESTÁ CHEGANDO A DATA DESTA HOMENAXE, O 1 DE ABRIL. TENDES INTERESE POR SABER QUEN É O PROTAGONISTA ESTE ANO? POIS CLICADE NO SEU NOME E APRENDEREDES SOBRE EL, SOBRE ESTA DATA,...

MARTÍN CÓDAX

File:Sinfonía (Instrumento musical).png - Wikimedia Commons

LEOCADIA ESPERA QUE APRENDADES MOITO CON ESTA ACTIVIDADE!

UN SAUDIÑO!

SOLUCIÓN DO ENIGMA 8

OLA NENOS/AS,

QUE TAL? FOIVOS FÁCIL ESTE ENIGMA? SEGURO QUE O FIXÉSTEDES XENIAL! SE DE TODAS FORMAS E LOGO DE BUSCAR INFORMACIÓN NON DÉSTEDES ATOPADO A SOLUCIÓN, NON VOS PREOCUPEDES, LEOCADIA MÁNDAVOS UNHA PRESENTACIÓN INTERACTIVA CON ESTA, ASÍ COMO CON ALGUNHA INFORMACIÓN MÁIS SOBRE OS FAROS: COMO SON AS SÚAS PARTES, O SEU FUNCIONAMENTO,...

SOLUCIÓN DO ENIGMA 8

 

ESTE FOI O ÚLTIMO ENIGMA DESTE TRIMESTRE, AGORA TOCA ESPERAR A COÑECER O GAÑADOR/A POR CADA AULA!

UNHA APERTA DE LEOCADIA!

SOLUCIÓN DO ENIGMA 7

OLA NENOS E NENAS!

QUE TAL ESTES DÍAS? COMO VOS FOI O ENIGMA? SÓAVOS A TEMÁTICA DAS BANDEIRAS NÁUTICAS? ESTAS XA AS TRABALLÁRAMOS FAI UNS ANIÑOS... ACORDÁDESVOS? SE NON É ASÍ, NON VOS PREOCUPEDES, LEOCADIA MÁNDAVOS A SOLUCIÓN DESTE ENIGMA MÁIS UN POUQUIÑO DE INFORMACIÓN SOBRE ELAS.

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 7

 

UN SAUDIÑO DA VOSA MASCOTA FAVORITA! 

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 6

OLA NENOS E NENAS!

QUE TAL O ENTROIDO? PASÁSTEDELO BEN? LEOCADIA DISFRAZOUSE DE QUENLLA, ANIMAL MOI RELACIONADO CO NOSO PROXECTO DO MAR, A QUE SI? ADEMAIS DISTO, FIXO A SOLUCIÓN DO ENIGMA 6, O CAL ERA UN POUQUIÑO COMPLICADO NON? DE TODAS FORMAS, UNHA DAS ESCULTURAS ESTABA MOI PRETO DE CARNOTA, ADIVIÑÁSTEDES CAL? SE NON FOI ASÍ, NON VOS PREOCUPEDES QUE LEOCADIA VOS MANDA A SOLUCIÓN DE TODAS AS ESCULTURAS:

 

SOLUCIÓN ENIGMA 6

 

UNHA APERTA ENORME DA VOSA MASCOTA FAVORITA!

 

CHEGOU O ENTROIDO...

XA NOS ESTAMOS PREPARANDO PARA O ENTROIDO...

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut