Skip to Content

Biblioteca

ACTIVIDADES DA SEMANA DO LIBRO

Nesta semana na que se celebra o Día do Libro, levaremos a cabo diferentes actividades de posta en valor e promoción da lectura:

- VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL:

Tódalas aulas visitarán nestes días a biblioteca municipal, onde, a responsable deste espazo de lectura lles ensinará a distribución da mesma, as zonas destinadas a cada idade e o funcionamento do servizo de préstamo. Terán acceso libre aos recursos axeitados a cada idade e, os máis pequenos, poderán disfrutar dun tempo de contacontos.

- LECTURAS AO AIRE LIBRE:

Se o tempo o permite, este curso retomaremos a actividade de lectura compartida ao aire libre. Convidámosvos a achegarvos evitando aglomeracións. Consultade no cadro que se achega as zonas en que efectuará a lectura cada grupo.

- QUE É UN LIBRO PARA TI?

Tamén o alumnado puxo de manifesto a súa opinión sobre os libros. Alguns dos traballos recollidos podémolos ver aquí. Clica na imaxe para poder ver o contido:

OBRADOIROS 8M

En colaboración co Departamento de Orientación, o Concello e o gabinete Aquelar, desenvolvéronse obradoiros relacionados coa igualdade en 5º e 6º de Primaria.

Deixamos aquí un breve resumo que fixo o alumnado de 5º.

 

Hoxe pola mañátivemos un obradoiro relacionado coa igualdade. Falamos dos nosos sentimentos, dos nosos medos...

Pili contounos o conto de "Malena Ballena", unha rapaza que sempre estaba triste e chea de medos ata que o seu entrenador de natación lle dixo que cada un de nós "somos o que cremos que somos" (boa reflexión, a que si?) .  A partir dese momento Malena enfrentouse ao mundo dende outra perpectiva, a sentirse máis segura, a confiar nela mesma  e comezou a ser feliz.

 

Despois fixemos unha actividade que consistiu en relacionar imaxes do conto co que pensaba e sentía Malena nese momento.

 

Logo enfrentámonos aos nosos propios medos facendo unha ficha onde os visibilizábamos e debuxábamos a solución para que desaparecesen.

 

Por último fixemos unha sesión de relaxación onde algúns case quedan a durmir (e outros case mexan por eles de risa).

 

                                                                                                            Foi toda unha experiencia!

                                                                                                              

MOSTRA DE ACTIVIDADES DA SEMANA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, autora nuclear da nosa literatura. Ao longo da semana, o Equipo de Biblioteca colaborou coas aulas na realización de diferentes actividades en torno a esta figura senlleira, promovendo a posta en valor e traballo da expresión literatura, musical e plástica. Velaquí algunha mostra das actividades desta intensa semana:

- MURAIS DE AULA:

O alumnado elaborou un mural colectivo recompilando fragmentos de diferentes poemas da autora. Cada ciclo deu vida a un petalo da flor de Rosalía, recollendo nel os poemas traballados.

Tamén se realizaron coloridas representacións da famosa silueta de Rosalía.

- LECTURA E REPRESENTACIÓN DE TEXTOS DA AUTORA:

O día 23 celebramos no patio do cole unha emotiva representación de textos da autora. A etapa de infantil representou conxuntamente o poema "O Moucho" cunha coreografía; a ala de 5 anos coreografiou tamén o poema "Este meniño". O 1º ciclo de primaria recitou "Adeus ríos, adeus fontes"; o segundo ciclo musicou "Vente rapasa", 3º a ritmo de rap e 4º a ritmo de muiñeira con acompañamento de castañuelas e pandeiretas. Pecharon o acto as aulas do 3º ciclo recreando as versións de "Negra sombra" de Luz Casal e Astarot, respectivamente.

O día 24 levamos as representacións a un acto público organizada polo concello, acompañados polo CEIP do Pindo.

- MONÓLOGO TEATRAL SOBRE A VIDA E OBRA DA AUTORA:

O actor Pedro Brandariz, tristemente falecido nesta mesma semana, arrancaba as actividades sobre Rosalía cun fresco e didáctico monólogo sobre a súa vida e obra. Esta actividade enmárcase na programación do concello en homenaxe á autora.

- EXPOSICIÓN DE OBRAS DA AUTORA:

A zona de exposición do corredor destinada á biblioteca vestiuse de gala cunha escolma de obras rosalianas.

Día de Rosalía de Castro

Con motivo do día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, e no marco das distintas actividades que se están a levar a cabo ao longo da semana no centro educativo, Leocadia proponvos dous recursos interactivos moi chulos.

(Pica nas imaxes para entrar neles)

O primeiro deles trátase dunha breve biografía desta grande autora, así como de distintas preguntas e respostas a través dun Genially:

 

O segundo dos recursos é un rosco para poder comprobar todo o que sabes sobre ela:

 

Pois agora só toca disfrutar mentres se aprende xogando! Sorriso

XULIO VERNE

Bos días nenos e nenas!

Con motivo da chegada do Entroido e da elaboración dos distintos disfraces, Leocadia quere axudarvos a coller ideas para a súa creación, achegándovos un artigo moi interesante sobre Xulio Verne e as súas obras literarias, o cal é o centro do noso proxecto anual de centro.

ARTIGO DE XULIO VERNE

 

Un saúdo Sorriso!

Guías de lectura e de xoguetes educativos

Nesta época de agasallos, os equipos de Biblioteca e Orientación elaboraron os seguintes trípticos con recomendacións de lecturas e xoguetes educativos por idades. Agardamos sexan do voso interese.

Campaña solidaria "Libros que alimentan"

Como cada curso, lanzamos a campaña solidaria de recollida de alimentos, produtos de hixiene e limpeza, promovida pola biblioteca do CEIP de Carnota en colaboración con Cáritas.
A campaña estará aberta dende o xoves 9 ata o luns 20 de decembro. Podedes traer alimentos non perecedoiros, así como produtos de hixiene e limpeza.
Cada alumno/a que faga a súa aportación á campaña solidaria, levará un libro descatalogado da biblioteca.
 

Baixo o mesmo paraugas. Día Internacional das Persoas con discapacidade

No Mundial das Persoas con Discapacidade, sumámonos, con preto de 90 entidades sociais de toda Galicia, cos nosos paraugas, á acción simbólica convocada para reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas.

 

#BaixoOMesmoParaugas#ParaugasPolaDiscapacidade

REVISTA ESCOLAR AS LIÑEIRAS Nº16 - CURSO 2020/2021

Un ano máis, a revista as liñeiras fai un repaso do curso. Agardamos que vos guste.

(Pica na imaxe para vela)

GAÑADORES DO CONCURSO LITERARIO "MAREANDO HISTORIAS"

OLA NENOS/AS! QUEREDES SABER QUEN FORON OS GAÑADORES DO CONCURSO "MAREANDO HISTORIAS"? POIS AQUÍ ESTÁN (COS SEUS CORRESPONDENTES PSEUDÓNIMOS):

EDUCACIÓN INFANTIL

1º premio: A flautista (LAURA)

2º premio: A avoa lendo o periódico (LIA)

3º premio: Carteiro metendo cartas nun buzón (CEBRA)

 

1º CICLO, EDUCACIÓN PRIMARIA

1º premio: A tele encantada (XIRAFA)

2º premio: O teléfono con suerte (NUBE)

3º premio: Os medios sociais (OS INVENTOS)

 

2º CICLO, EDUCACIÓN PRIMARIA

1º premio: Unha longa travesía (WIRELESS)

2º premio: Sonia, a miña nova amiga (BOLBORETA)

3º premio: De peor a mellor (LEÓN)

 

3º CICLO, EDUCACIÓN PRIMARIA

1º premio: Unha aventura en Exipto (BOBESPONJA99)

2º premio: Unha vida sen ti (PACO)

3º premio: Unha excursión que valeu a pena (BIMBO)

 

NORABOA A TODOS OS PREMIADOS/AS!! Sorriso

AGORA A ESPERAR OS AGASALLOS QUE NON TARDAN EN CHEGAR!!

SOLUCIÓN DO ENIGMA 14

OLA NENOS E NENAS!

QUE TAL ESTE ENIGMA 14? ERA MOI FÁCIL VERDADE? SABÍADES DESTE TIPO DE COMUNICACIÓN? SE NON É ASÍ, NON PASA NADA; LEOCADIA MÁNDAVOS UNHA PRESENTACIÓN INTERACTIVA COA SOLUCIÓN E ALGUNHA INFORMACIÓN MÁIS.

 

SOLUCIÓN ENIGMA 14

 

AGORA A RECONTAR AS SOLUCIÓNS DE TODOS OS ENIGMAS E A COÑECER OS PREMIADOS DESTA AVALIACIÓN!

UNHA GRAN APERTA!! Sorriso

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 13

OLA NENOS E NENAS!!

QUE TAL? COMO SE VOS DOU ESTE ENIGMA NÚMERO 13? SABIADES O QUE SIGNIFICABAN ESAS CATRO LETRAS CON PUNTO? SEGURO QUE SI Risa. DE TODAS FORMAS, SE NON FÓSTEDES CAPACES, NON PASA NADA. LEOCADIA DÉIXAVOS AQUÍ UNHA PRESENTACIÓN INTERACTIVA COA SOLUCIÓN E ALGUNHA INFORMACIÓN MÁIS.

 

SOLUCIÓN ENIGMA 13

 

AGORA A COLLER FORZAS PARA A RESOLUCIÓN DO ÚLTIMO ENIGMA DO CURSO!!

Distribuir contido


by Dr. Radut