Skip to Content

MATERIAIS NECESARIOS PARA ESTE CURSO

 

MATERIAL ESCOLAR

  • 4 Cadernos grandes, dous cuadriculados e dous raiados.

  • Bolígrafos de cores, azul, vermella e negra; lapis, goma e afiador.

  • Lapis e rotuladores de cores. (Rotuladores, abonda con 4 ou 5 cores distintas)

  • Un estoxo, unha tesoira e unha barra de pegamento.

  • Un paquete de folios.

  • Unha carpeta clasificadora.( fundas de plástico)

  • Unha carpeta de plástico ou cartón.

  • Cartabón, escuadra, transportador de ángulos e compás.

  • O caderno para inglés serve o do pasado curso, se non está rematado.

  • Caderno para a mestra de relixión

  • Para a materia de música: ( poden utilizarse as do pasado curso)

    • libreta pentagramada grande( tamaño folio A4)

    • Frauta

    • Carpeta

  • Para plástica

    • Caderno de debuxo, tesoiras, lapis e goma, pegamento e lápices de cores ou ceras( pode utilizarse o do curso pasado)

 Outros apuntamentos:

- Este material é o solicitado pola titoría, e mestras ou mestres especialistas. Se nalgún momento se precisa algún material a maiores, será ela ou el quen llelo comunique ás rapazas/es.

- Do mesmo xeito que no caso dos libros de texto, é interesante que todo o material veña co nome da persoa a quen corresponde, para evitar extravíos ou confusións. Todo o material que se precise diariamente traerao o alumno/a na mochila. Debe revisarse a mochila cada día para que o alumno non veña cargado e traiga o preciso, tendo en conta o horario.

- O alumnado debe ser responsable do coidado, uso e organización do seu material.

 



page | by Dr. Radut