MATERIAIS NECESARIOS PARA ESTE CURSO
MATERIAL ESCOLAR
-
4 Cadernos grandes, dous cuadriculados e dous raiados.
-
Bolígrafos de cores, azul, vermella e negra; lapis, goma e afiador.
-
Lapis e rotuladores de cores. (Rotuladores, abonda con 4 ou 5 cores distintas)
-
Un estoxo, unha tesoira e unha barra de pegamento.
-
Un paquete de folios.
-
Unha carpeta clasificadora.( fundas de plástico)
-
Unha carpeta de plástico ou cartón.
-
Cartabón, escuadra, transportador de ángulos e compás.
-
O caderno para inglés serve o do pasado curso, se non está rematado.
-
Caderno para a mestra de relixión
-
Para a materia de música: ( poden utilizarse as do pasado curso)
-
libreta pentagramada grande( tamaño folio A4)
-
Frauta
-
Carpeta
-
-
Para plástica
-
Caderno de debuxo, tesoiras, lapis e goma, pegamento e lápices de cores ou ceras( pode utilizarse o do curso pasado)
-
Outros apuntamentos:
- Este material é o solicitado pola titoría, e mestras ou mestres especialistas. Se nalgún momento se precisa algún material a maiores, será ela ou el quen llelo comunique ás rapazas/es.
- Do mesmo xeito que no caso dos libros de texto, é interesante que todo o material veña co nome da persoa a quen corresponde, para evitar extravíos ou confusións. Todo o material que se precise diariamente traerao o alumno/a na mochila. Debe revisarse a mochila cada día para que o alumno non veña cargado e traiga o preciso, tendo en conta o horario.
- O alumnado debe ser responsable do coidado, uso e organización do seu material.