Hoxe,venres 23 de marzo comezan as vacacións de Semana Santa. Retomaremos as clases o martes día 3 de abril de 2018. Aproveitamos esta ocasión para informarvos dos días non lectivos durante o terceiro trimestre:
Para poder ler toda a información sobre as axudas para a adquisición de material escolar e poder cubrir o anexo necesario dende inernet, pinchade no seguinte enlace:
Os vales de libros de texto para os cursos de 1º,2º,4º,e 6º de Eduación Primaria xa están dispoñibles no centro. Prégase pasen a recollelos durante esta semana en horario de 10:00 a 14:00.
O vindeiro luns 1 de xuño comeza no colexio o horario de xornada continuada. Lembramos que a xornada comeza á mesma hora de sempre, 9:30h e remata ás 14:30h ( o rercreo é de 12:10h a 12:40h).
O servizo de comedor escolar é de 14:30h a 15:30 h e o trasporte escolar sae ás 15:30 h do colexio. Se algún alumno/a non se quedase a comer durente o mes de xuño, debe comunicarllo aos titores/as ou a dirección do centro.
Xa se poden consultar nos apartados de 1º - 3º - 5º as diferentes programacións didácticas das áreas, incluindo os mínimos esixibles en cada unha delas.
Informámoslles que o venres 31 de outubro e o luns 3 de novembronon haberá clase, debido a que o venres celébrase o Día do Ensino declarado pola Consellería de Educación e o luns foi aprobado polo Consello Escolar do centro e autorizado pola Xefatura Territorial como non lectivo.