Skip to Content

Secretaría

Horario xeral do centro

Recordatorio principio de curso

Bo día, 

 

Lémbrase as familias que durante os vindeiros días (do 2 ao 10 de setembro) se deberán solucionar os posibles trámites faltantes, se non se fixeron xa durante os meses de xuño e xullo. Posibles trámites:

 

- Presentar solicitude do comedor escolar.

- Presentar solicitude de colaboración do comedor escolar, só aquelas persoas que queran ser colaboradoras durante o curso escolar 2024/2025. 

- Recoller cheques dos vales de libros e/ou material (fondolibros).

 

Moitas grazas pola vosa atención.

O equipo directivo. 

Orde de calendario escolar

Xa está publicada na páxina da Consellería a Orde de calendario escolar para o curso 2024-2025. Adxuntamos dita documentación nesta publicación. 

Datas fondolibros

AUTORIZACIÓN RECOLLIDA DOCUMENTOS

Solicitude de comedor para o curso 2024-2025

Estimadas familias: saíu publicada a Instrución 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Cultura, Formación Profesional e Universidades, do 1 de Xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024. Nos arquivos adxuntos deixamos o documento completo e o modelo de solicitude.

Podedes entregar no centro a solicitude e o Modelo de Autodeclaración e Especificacións cubertos, en horario de atención ao público. Por favor, cubride os documentos con letras maiúsculas e con tinta azul e lembrade que é imprescindible que figuren todas as sinaturas necesarias en cada unha das solicitudes para poder ser tramitadas. Un saúdo. O equipo directivo. 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

Prazo de presentación de solicitudes:

Do 20 ao de 30 de xuño (ambos os dous incluídos), en horario de atención ao público.

HORARIO DE ATENCIÓN DO 20 E 21 DE XUÑO

XOVES E VENRES de 9:30 a 10:20 e de 13:00 a 14:30.

HORARIO DE ATENCIÓN DO 25 AO 27 DE XUÑO (INCLUÍDOS). 

Admisión alumnado. Curso 2024-2025

Estimadas familias: Este mércores, 1 de marzo, empeza o prazo para xestionar o proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025. Deixamos a información nos documentos adxuntos. O horario da secretaría será o seguinte:

 

 

Fóra de este horario non se poderá garantir a asistencia á hora de recoller ou cubrir os formularios.

 

Reserva de praza para o alumnado de 6º Curso de Educación Primaria no centro adscrito (IES Isidro Parga Pondal)

 

O prazo de presentación de solicitudes é desde o día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro e diríxese ao alumnado de 6º Curso de Educación Primaria que continuará os estudos no IES Isidro Parga Pondal.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación http:www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

BOAS FESTAS

 

 

Dende o CEIP Canosa Rus desexamos que teñades unhas boas festas. 

DÍA NON LECTIVO

O vindeiro venres 13 de outubro de 2023 non haberá clases ao estar aprobado como día non lectivo.

 

Reparto de libros 2023-2024

Estimadas familias: O reparto de libros de préstamo do programa Fondibros para o alumnado beneficiario dos mesmos realizarase no patio cuberto dianteiro o xoves, 7 de setembro en horario de 11:00 a 13:00. Un saúdo. O equipo directivo. 

Recollida de libros 2023-2024

Estimadas familias: O reparto dos libros de préstamo do programa Fondolibros ao alumnado beneficiario dos mesmos realizarase o xoves, 7 de setembro no patio cuberto dianteiro en horario de 11:00 a 13:00.  Un saúdo. O equipo directivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut