Skip to Content

Animación á lectura

Materiais para entender e traballar o coronavirus co alumnado

Deixamos dous contos para poder traballar o coronavirus con nenos e nenas. Queremos agradecer a toda a xente que traballa para crear este tipo de materias tan necesarios nestes momentos. 

Premio Especial 25 Aniversario de Ponte nas Ondas

Vense de publicar os premiados no 2º CERTAME DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ. Os nosos alumnos/as de 6º de Educación Primaria conseguiron o premio da seguinte categoría:

CONTO DE SAMAÍN !

Visita ao colexio do Mago Paco.

O mércores 18 de novembro temos a visita ao colexio do Mago Paco con dous espectáculos diferentes. 

A terceira hora disfrutarán con este espectáculo os nen@s de Educación Infantil , 1º e 2º de Educación Primaria e a 4º hora serán os rapac@s de 3º a 6º de Educación Primaria os que se sorpendan con este Mago. 

Final XV Concurso Escolar do Teatro Lido de Carballo

O Concello de Carballo e a Asociació Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro , comprácese a convidarnos á Gala da Final XV Cocurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís" que terá lugar este domingo 8 de novembro ás 18:00horas no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.

Procura documental

Infografía que te guiará no proceso de procura de información durante o proceso de investigación.

Recollida de premios " Nós tamén creamos"

As nenas e nenos de 2º e 3º de Educació Primaria,  asistiron hoxe a entrega dos premios “Nós tamén creamos!”, que convoca a Consellería de Cultura e Educación coa colaboración da TVG e de OQOeditora.

O noso alumado gañou o   primeiro premio do Primeiro Ciclo de Primaria, coa curtametraxe "Non quero ser un polbo".

A Fundación Rosalía de Castro acolleu a entrega dos premios . 

Para ver os enlaces da noticia, pichade nas seguites imaxes!

Concurso na biblioteca

Comeza un concurso na biblioteca para as nenas e nenos de Educación Primaria, podedes consultar as bases e as diferentes imaxes de cada semana no blogue da biblioteca. Teredes que investigar e ler na biblioteca para atopar os libros agochados.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO NÓS TAMÉN CREAMOS 2014

 

Este curso, o noso centro participou no concurso de curtas de animación "Nós tamén creamos", na categoría do 1º ciclo de Educación Primaria, co conto "NON QUERO SER UN POLBO" (interpretado á linguaxe de signos).

Día do libro

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Co motivo do día do libro, a empresa "Agarimos", que é a que ensina aos nosos alumnos/as o teatro aos mediodías ( actividade levada a cabo grazas á ANPA), representaron unha obra. Nesta ocasión os nenos/as eran de Educación Infantil e 1º ciclo de EP, en colaboración cunha rapaza do 3º ciclo de EP.

 

Inauguración da audioteca na Voz de Galicia

Para acceder a noticia da Voz de Galicia relacionada coa inauguración da audioteca, pinchade na seguinte imaxe:

 

 

E para ver a inauguración en imaxes e vídeo, podedes acceder ao blog da leoteca, onde serán publicadas os próximos días.

INAUGURACIÓN DA AUDIOTECA DO CEIP CANOSA-RUS

Mañá no noso colexio teremos un día moi especial,xa que  inauguraremos a audioteca escolar

( é unha ampliación da nosa Leoteca).

 

Cadernos de fraseoloxía Galega 13

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega informámosvos que, o vocabulario recollido os anos anteriores polos nenos e nenas foi publicado nunha das mellores revistas de España en termos de fraseoloxía: a revista "Cadernos de Fraseoloxía Galega, 13"; coma, tamén no programa da televisión de Galicia "Ben Falado" co título de "

Hora de ler

Desde o 15 de outubro está en marcha o programa de "Hora de ler", que consiste en que despois do recreo hai 20' de lectura persoal na aula. Cada neno/a traerá un libro que pode ser da biblioteca, da biblioteca de aula ou persoal e durante eses 20' poderá lelo, en silencio para non molestar aos outros lectores/as.

A biblioteca escolar

Distribuir contido


by Dr. Radut