Skip to Content

Hora de ler

Desde o 15 de outubro está en marcha o programa de "Hora de ler", que consiste en que despois do recreo hai 20' de lectura persoal na aula. Cada neno/a traerá un libro que pode ser da biblioteca, da biblioteca de aula ou persoal e durante eses 20' poderá lelo, en silencio para non molestar aos outros lectores/as.

Ao comezo do tempo de ler soará unha música que indicará o comezo deste periodo, que rematará cando a música deixe de soar.

A medida que este proxecto vaia avanzando introduciranse suxestións, lecturas temáticas, grupais, por ciclos, entre outras.



page | by Dr. Radut