Skip to Content

Listaxe provisional de admitidos/as para o curso 2016/2017

Adxuntamos a listaxe provisional do alumnado admitido  no CEIP Canosa-Rus para o curso 2016-2017.

A dirección 

Periodismo no colexio para o noso alumnado de Educación Infantil.

A locutora Verónica Couto, de Radio Voz Bergantiños, compartiu onte experiencias cos máis pequen@s do cole. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto " Sementando Igualdade no rural", dentro das diferentes profesións que están a coñecer o noso alumnado. Grazas Verónica por compartir este rato con nós!

 

Para acceder a nova podedes pinchar na seguinte imaxe.

Axuda para as persoas refuxiadas.

SEMANA DO 4 AO 9 DE ABRIL: RECOLLIDA DE MATERIAIS PARA OS REFUXIADOS/AS.

Dende o Centro, en colaboración co Concello de Coristanco e a Asociación Alhambra Internacional, gustaríanos participar na campaña de recollida de material para as persoas refuxiadas.

En abril comeremos...

Menú especial de marzo, onde pararemos este mes?

Encontro deportivo no CPI Alcalde Xosé Pichel

Mañá mércores o alumnado de 4º de E.P. participará nun encontro deportivo con nenos/as do mesmo curso no CPI Alcalde Xosé Pichel. Nesta xornada xogarán a brilé, balón torre e fútbol sen balón. A saída desde o centro será ás 9:45h., estando prevista a chegada ao centro ás 13h.

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016/2017

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016/2017

O CEIP Canosa-Rus está de noraboa.

A Deputación da Coruña acaba de facer público o fallo dos premios Concepción Arenal de proxectos educativos para a igualdade de xénero e este centro foi o gañador na modalidade de infantil. O noso proxecto "Sementando a igualdade no rural" convenceu ao xurado pola implicación de toda a comunidade educativa e doutras entidades da contorna.

Entroido 2016

Gustaríanos agradecer un ano mais ás familias do CEIP Canosa-Rus a súa participación no Entroido 2016 que tivo lugar no centro o pasado venres 5 de febreiro. Os produtos típicos que degustamos estanan boísimos e as nenas e nenos o disfrutaron moito. Agradecer aos alumnos e alumnas de 6º de EP a súa actuación de Acrosport inspirada nos dinosauros. O bo tempo acompañounos durante toda a xorndana e puidemos saír ao pasarrúas.

Procedemento de admisión 2016-17

Se informa do inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

Podedes consultar toda a información na páxina web da Xunta.

ARTE CON ROBERTA VENANZI

Os pasados días 26 e 27 de xaneiro,as nenas e nenos do CEIP Canosa Rus foron un pouquiño máis artistas se se pode.

FESTIVAL DE NADAL " DINSONS"

As clases retomaranse o xoves 7 de xaneiro .

BO NADAL E FELIZ ANI NOVO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DE PARTE  DO EQUIPO DE MESTR@S DO CEIP CANOSA-RUS !

Premio para o PDI "Rus entre planetas"

"Cando realmente queres unha cousa, todo o Universo conspira para axudarche a conseguila"
P. Coelho 
  
A comunidade educativa do CEIP Canosa-Rus está de noraboa, xa que o pasado xoves publicouse a resolución do II concurso de traballo por proxectos, promovido desde a Biblioteca Escolar, no que resultou galardoado, dentro da temática científica, o PDI "Rus entre planetas", no que investigamos e aprendemos máis sobre o Sistema Solar.
Distribuir contido


by Dr. Radut