Skip to Content

ARTE CON ROBERTA VENANZI

Os pasados días 26 e 27 de xaneiro,as nenas e nenos do CEIP Canosa Rus foron un pouquiño máis artistas se se pode. A artista Roberta Venanzi ( que xa estivo o trimestre pasado facendo uns obradoiros ofertados polo MAC) realizou un mural moi especial: nas columnas do patio plasmou , coa colaboración de todos os cativos e cativas do colexio,  unha obra relacionada co PDI ( proxecto documental integrado) que estamos realizando este ano " DinosauRus". 
Esta actividade foi realizada en colaboración co CFR ( Centro de Formación de Profesorado)  de Vimianzo.

Se picades no seguinte enlace, podedes ver a nova relacionada con esta actividade.

La Voz de Galicia

 

            

           

 



page | by Dr. Radut