Skip to Content

 

logos á dereita

INFORMACIÓN SOBRE A COVID 19 (2022)

EQUIPO COVID

PARA CONTACTAR CO EQUIPO COVID:

Chamade ao teléfono do colexio ou enviade un email

                                    
988271419   ceip.calvo.sotelo@edu.xunta.gal

NOVIDADES COVID: RECOMENDACIÓN DA CONSELLERÍA PARA O USO DE MÁSCARAS

A Consellería de Sanidade publicou onte á tarde (21/04/2022) o documento con "Directrices sobre o uso da máscara no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia". (Acceso ao documento)

 

Neste documento establécese o uso da máscara:

           OBRIGATORIO             
• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)
RECOMENDADO
• Persoal traballador do centro educativo.
• Alumnado do centro educativo.
• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos
de casos.

 

USO DA MÁSCARA NOS PATIOS DOS CENTROS EDUCATIVOS

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.

Moitas grazas pola súa colaboración.

TESTS DE ANTÍXENOS

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Desde o Sergas infórmannos de que rematou o

prazo para a reposición dos tests rápidos de

antíxenos en saliva para os Centros de

Educación Primaria, polo que cando rematemos

os poucos test dos que dispoñemos no centro

non poderemos continuar coas entregas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut