APERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/25
Admisión e Matrícula para o curso 2024/2025
PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO!
PROCEDEMENTO
Para presentar unha solicitude poderá facelo de tres formas:
⓵ Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro a través da aplicación: AdmisionAlumnado.
⓶ Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.
⓷ Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
Todos os trámites presenciais realizaranse no edificio Uceira en horario de 09:00-14:00h.
PRAZOS
Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 20 de marzo de 2024.
▹Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 25 de abril.
▹Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no prazo de cinco días hábiles posteriores á resolución provisional.
▹Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.
▹Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.
MODELOS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE (ANEXO II)
◘ Anexo I Admisión.
◘ Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais.
◘ Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.
◘ Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de Primaria).
◘ Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menor, se é o caso.
- 249 lecturas
- Versión para imprimir