6º de E. I.SORPRESAS CON ILUSIÓNEnviado por Agustin o Mér, 03/11/2021 - 16:15
O día dous de novembro atopamos unha sorpresa no patio de infantil!!
Enterámonos de que os nosos mestres, mestras e persoal do centro pensaron que para o noso desenvolvemento sería importante que nos fixeramos responsables do coidado dalgún animal (alimentalo, manter limpo o espazo...) así como aprender a respectalo, observar as súas características, ciclo vital, traballar o reparto de tarefas e responsabilidades, compromiso... Contáronnos que despois dun tempo dándolle voltas decidiron que iamos a compartir un anaco do noso patio, da nosa experiencia e da nosa infancia coas futuras inquilinas do galiñeiro. Queremos que as galiñas sexan de raza autóctona, e estamos dubidando entre a “galiña de Mos” e a raza “piñeira” xa que calquera delas son propias da zona atlántica. Con esta acción, que se enmarca perfectamente coa liña metodolóxica do Cabada Vázquez, pechamos o ciclo do noso horto escolar xa que teremos que plantar as coles e o millo para que as galiñas teñan alimento, ao tempo que aproveitaremos o seu esterco para mellorar o compost que producimos na escola. Desde este espazo queremos facer público o noso agradecemento á familia de Ariadne e Antía que dende o momento que llo propuxemos amosaron o seu entusiasmo e ofreceron a súa colaboración para levar a cabo este novo proxecto do que poderemos desfrutar toda a escola. ( categories: )
ACTIVIDADES TERCEIRO TRIMESTRE.Enviado por Agustin o Mar, 22/06/2021 - 10:47
Mirade que artistas:( categories: )
ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE.Enviado por Agustin o Lun, 21/06/2021 - 13:06
Camiñando, camiñando chegamos ao segundo trimestre:( categories: )
ACTIVIDADES PRIMEIRO TRIMESTREEnviado por Agustin o Dom, 20/06/2021 - 11:51
Unha ventá aberta a algunhas das actividades que desenvolvemos na nosa escola durante o primeiro trimestre do curso:( categories: )
HORTO ESCOLAREnviado por Agustin o Ven, 18/06/2021 - 14:26
Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra do noso traballo no horto escolar durante o curso 2020/2021:( categories: )
|