6º de E. I.

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (semana do 13 ao 19 de abril)

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (semana do 14 ao 19 de abril)

ALGÚNS DOS TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO (Pincha na imaxe)

 

CANTANTO DE BAILANDO APRENDEMOS O ABECEDARIO

 

CANTANDO E BAILANDO APRENDEMOS O ABECEDARIO

 

A canción de MAGÍN BLANCO “O abecedario” complementa o libro O abecedario, con ilustracións de Óscar Villán, publicado pola Mesa pola Normalización Lingüística.

A música é unha ferramenta fundamental pois con ela motivamos na comprensión e memorización dunha forma divertida. Conseguiremos desenvolver o sentido do ritmo, fomentar a imaxinación e a capacidade creativa, aumentar o vocabulario e favorecer que expresen as emocións.

A letra da canción de O abecedario é unha boa ferramenta para ensinarlles aos nenos e nenas o abecedario galego así como para estimular a linguaxe oral e ao mesmo tempo entretelos. Cantar é un excelente recurso didáctico para os nenos e nenas. Favorece o desenvolvemento da atención, concentración, memoria, imitación, comunicación e socialización.

 

 

 

 

#Euquedonacasa (I stay at home) INFANTIL - ENGLISH

Enviado por Mary o Lun, 30/03/2020 - 21:03

INFANTIL

 

KINDERGARTEN

 

Ola papás e mamás,

Aquí déixovos algúns enlaces de cancións , historias, etc, en inglés, que son coñecidas para os vosos fillos e fillas, por se os queredes entreter un anaco.

 

Saudiña para todos e todas.

 

Rutinas

Cancións

Historias

Actividades

Hello song 1

Open shut them

The Very Hungry Caterpillar

Memory game -colours

Hello song 2

Under the sea

Clothes story

Memory game- weather

Days of the week

Put on your shoes

Under the sea story

Memory game- toys

If you are happy

Máis historias e cancións no blog the inglés: http://burbullasdecores.blogspot.com/

 

 

ENTROIDO

No CEIP Cabada Vázquez celebramos o entroido con moita ilusión. Nas últimas semanas creamos disfraces, partindo do lema da nosa biblioteca escolar deste curso: "PRÓXIMA MISIÓN: SEN PLÁSTICOS", buscando materiais que se puideran reciclar e utilizamos a temática do mar.

O alumnado e o profesorado participou de diferentes formas: cantando, bailando, regueifando despois dunha camiñata ata o pobo, para promocionar o noso PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC: XOGADE e Móvete +)

 

 

 

 

Ademais contamos coa colaboración das familias que nos acompañaron durante o desfile e nos deleitaron cunhas regueifas.

 

Foi un día especial que compartimos en familia toda a comunidade educativa.

 

Distribuir contido