Sección Bilingüe#Euquedonacasa (I stay at home) 1º 2º ARTSEnviado por Mary o Sáb, 21/03/2020 - 22:57
Ola rapaces e rapazas de 1º e 2º, Gustaríame que durante estes días pracaticarades o recortado, e algo que temos que practicar moito para que cada vez nos saia mellor e tamén así mellorar a psicomotricidade fina. Por iso practica recortando de revistas ou de folletos publicitarios, persoas, comida, mobles, o que sexa con tal de mellorar. E que facemos con iso, pois moi fácil, unha COLAXE, pegándoos nun folio ou cartolina para crear a nosa obra de arte. Outra idea e recortar cadrados, rectángulos e triángulos e facer unha composición dunha vila, aldea ou unha cidade. Non fai falla ningún tipo de papel especial, calquera que teñades na casa, dende revistas a papel de regalo usado.
Ánimo e mans a obra. ( categories: )
#Euquedonacasa (I stay at home) 3 rd/ 4th ARTSEnviado por Mary o Sáb, 21/03/2020 - 22:32
ARTISTS
Como xa sabedes dentro das artes plásticas existen distintos tipos de artistas, que fan as súas obras de maneira diferente.
COULD YOU DEFINE THESE ARTISTS? Poderías definir estes artistas?
Na túa libreta ou nun folio define os artistas que vos propoño, decindo a que se adican, que tipo de arte fan, podes axudarte de internet ou de un diccionario e dos coñecementos que xa sabedes.
Aínda que esta materia é bilingüe, neste momento especial facédeo en galego ou en castelán, na lingua que vos sentades máis cómodos.
( categories: )
#Euquedonacasa (I stay at home) ARTSEnviado por Mary o Mar, 17/03/2020 - 17:17
( categories: )
|