MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

 

MATERIAL 1º PRIMARIA

 

MATERIAL 2º PRIMARIA

 

MATERIAL 3º - 4º PRIMARIA

 

MATERIAL 5º - 6º PRIMARIA

Pinguiñas 2022

Con máis retraso do agardado, publícase a revista escolar deste curso, que coma sempre recolle o relevante deste curso que remata. Ao igual ca no curso pasado, recordade que en moitas das reportaxes adxúntase un enlace a unha videomontaxe relacionada co artigo en cuestión. Esperemos que vos guste, e coas reiteradas desculpas pola demora na súa publicación, desexámosvos a todos unhas boas vacacións de verán. Para o ano máis e mellor!!

OUTRA ESCOLA É POSIBLE

O pasado 16 de xuño fomos convidados a participar nunha mesa redonda programada dentro do curso de verán de Manos Unidas, que se celebrou na Facultade de Filosofía da USC, na cal nos pediron que compartiramos a maneira de traballar que temos no centro. Estamos moi orgullosos do interese suscitado polo noso traballo e queremos compartir con vós a presentación que levamos a esta mesa redonda:

Mesa redonda: A escola fronte ás desigualdades sociais
Relatores: Xaquín Rodríguez, profesor de Bioloxía e coordinador do grupo de
convivencia do IES Vilalonga ( Sanxenxo )
Anxos Dono López, directora do CEIP Cabada Vázquez (A Estrada)
Byron Aníbal Gómez Gatica (Vídeo conferencia), director do Centro Educativo da Asociación Comunidade Esperanza en Guatemala

Moderador: Javier Riádigos Couso, investigador de Ciencias da Educación na USC.

Clicade na imaxe para poder ver a presentación:

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: TRANSPORTE E COMEDOR

IMPRESOS TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 22-23

 

 

Distribuir contido