AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

No DOG do venres, 20 de maio de 2024, saíu publicada a Orde do 7 de maio de 2024, na que se convocan axudas para libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial matriculado nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Forma de presentación: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónioca da Xunta de Galicia, htps://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PARA A PRESENTACIÓN NO CENTRO PODERÁN DESCARGAR OS ANEXOS I E II DIRECTAMENTE DA APLICACIÓN DE FONDOLIBROS E ENVIALA POLO ALUMNADO OU ACUDIR PRESENCIALMENTE, PARA O CAL DEBERÁN CHAMAR ANTES POR TELÉFONO.

Prazo de presentación:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25

XA ESTÁN NO TABOLEIRO DO CENTRO PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 24-25

4º DE INFANTIL: TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS

1º DE ED. PRIMARIA: TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS

2º DE ED. PRIMARIA: TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS

4º DE ED. PRIMARIA: TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS

23 de abril

Para conmemorar o día do Libro que mellor xeito que con postais decoradas por nós e con textos de Luísa Villalta.

Clica na imaxe para poder ver o vídeo.

 

 

No curso de 2º tivemos a sorte de contar con familias para lernos un libro. Grazas Familias!

 

( categories: )

Día da Educación Física na Rúa

Enviado por jairo o Xov, 18/04/2024 - 16:14

Este martes 16 de abril celebramos o Día da EF na Rúa. Baixo o lema de “A Educación Física e saúde mental”, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi á praza do concello para realizar unha sesión de Educación Física alí, co obxectivo de concienciar da importancia do exercicio físico na nosa saúde tanto física como social e mental.

A esta celebración acudiron nenos e nenas de distintos coles e institutos da comarca. O noso alumnado estivo durante esta sesión xogando cos rapaces/as do CEIP Manuel Villar Paramá, de Vea.

 

                 

 

 

Foi, sen dúbida, unha das mellores sesións de Educación Física que tivemos durante o curso. Pasámolo xenial, coñecemos a compañeiros/as doutros coles e visibilizamos a importancia do deporte no día a día. Todo un éxito!!! Sorriso

 

                   

 

 Saímos na prensa Guiño

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/04/17/gimnasio-pared...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                 

 

 

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIA SOBRE O AUTISMO

O Día Mundial do Autismo celébrase cada ano o 2 de abril e hoxe queremos recuperar e compartir con toda a comunidade educativa a curtametraxe animada "ROMPECABEZAS" versionada ao galego no curso 20-21 por alumnado de 4º de primaria. 

 

O lema deste ano é AUTISMO PRETO DE TI

O alumnado de 1º e 2º uníuse baixo o mesmo lema para conmemorar este día.

 

Distribuir contido