MÁIS CLARO AUGAAquí vos quedan as fotografías do proxecto rematado "MÁIS CLARO, AUGA". No contexto científico recreamos ecosistemas, construímos depuradoras, fixemos filtros de auga . No humanístico, traballamos os ríos da Estrada, os seus afluentes, ..... No matemático calculamos a auga que gastamos diariamente, averiguamos a lonxitude do Ulla e do Liñares, recorrémolo co beebot. No lingüístico, colocamoslle os pés de foto da saída ao Ulla , onde vimos o estado da auga e averiguamos se tiña as condicións axeitadas para o seu uso. Ao final do proxecto, entre todos fixemos un repaso do que aprendemos. Logo escribímolo, para poder levar as nosas casas e que vós poidades comprobar a cantidade de cousas que sabemos. ( categories: )
|