Rosalía de Castro

Enviado por Anónimo o Ven, 23/02/2018 - 16:50

Celebramos o Día de Rosalía de Castro e para iso os nenos/as de infantil primeiro pintamos a Rosalía e logo recitamos o poema "Adiós ríos, adiós fontes".

 

 

 

               
"Adios, ríos; adios, fontes..."  

 Adios, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!

¡Adios groria! ¡Adios contento!

...

( categories: )