Coñecendo CodesedaOs nenos de educación infantil este curso estamos traballando dentro do proxecto Voz Natura. Este proxecto ten como obxectivo que os nenos e nenas coñezan o contorno e os rios de Codeseda. Para comezar este proxecto foi fundamental unha saída realizada en novembro ao contorno máis próximo do centro: o regueiro de Campos. Cun pequeno paseo pudemos disfrutar do río e a súa ribeira, e vimos unha pequena cascada preciosa. As augas lucían cristalinas!
E os nenos e nenas estiveron moi atentos as apreciacións dos mestres. Despois fixemos unha recolección de elementos da natureza e recollimos mostras de auga do río. Unha das actividades nas que máis se implicaron todos os alumnos e alumnas do colexio foi na recollida de lixo que se atopaba nas beiras deste magnífico regato.
Moi bo traballo rapaces! Agora o río vese moito máis bonito!
( categories: )
|