CELEBRACIÓN MAGOSTO E SAMAÍN

Ola!!

 

O pasado martes 27 de outubro celebramos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO. 

Tivemos exposición de cabazas.

De 1º a 6º participamos no xa tradicional concurso da ANPA para adiviñar o peso de dous calacús.

As aulas de Infantil como aínda non teñen interiorizado o concepto de "peso" elaboraron individualmente, na aula de 4 e 5 anos, debuxos de calacús e os da aula de 3 anos construiron un calacú con castañas.

Recibimos e enviamos postais felicitando o Samaín a outros centros do Concello de A Estrada e por aulas elaboramos contos de medo. Os maiores cantaron un par de cancións que prepararon coa profe Irene para amenizar o magosto.

Grazas a toda a comunidade educativa pola súa implicación, ata o comedor adaptou o menú dese día á festa, podedes velo na foto que hai máis abaixo.

Como vedes traballamos moito, aquí vos deixo unha pequena mostra:

 

postais recibidas doutros centros exposicióin de cabazas
Postais recibidas doutros centros do Concello de A Estrada Vista da exposición de calacús
exposicióin de cabazas cabaza de 3 anos
Máis calacús Cabaza elaborada na aula de 3 anos
cabazas 4 5 anos magosto
Cabazas elaboradas na aula de 4 - 5 anos  
magosto magosto
magosto magosto
magosto menú comedor samaín
   

 

 

Saúdos.

 

Liatantoscontos

 

Powered by Drupal - Design by artinet