8 M Día da muller

Para celebrar o 8 de marzo, día da muller, este ano decidimos que tiñamos que darlle visibilidade a un traballo que sobre mulleres relevantes ao longo da historia fixeron oito grupos de alumnado de primaria. Como acto importante dese día, cada grupo presentoulle ao resto do alumnado a muller que ao seu grupo lle fora encomendada, e que asemade, servirá para darlle nome a cada unha das aulas do noso centro.  Este ano xa comezamos por darlle nome á aula de música, agora chámase Aula Andrea Porto, integrante da Banda da Loba e que xa nos visitou no novembro pasado. A idea é darlle continuidade e poder poñerlle ás nosas aulas o nome de  Xela Arias, Maruxa Mallo, Marcela e Elisa, María Pita, Ángeles Alvariño, Pepa a Loba ou Emma Ríos, xa que todas elas foron as protagonistas na nosa xornada de celebración do pasado 8 de marzo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet