VIVIMOS UNHA ILUSIÓN: CHEGARON AS GALIÑAS!!Enviado por Agustin o Xov, 20/01/2022 - 10:45
No mes de decembro andivemos moi ocupados rematando de preparar o galiñeiro. En canto o tivemos a punto puxémoslle o comedeiro e o bebedeiro. Buscámoslle unha boa orientación, para que teñan o maior número de horas de sol posible. Decidimos colocalo debaixo das árbores do noso patio para protexelas da xeada, do vento... Agora que o temos acondicionado acabamos de recibir, o martes 18 de xaneiro, tres fermosas polas da raza “Galiña de Mos”. Tamén viñeron darlle a benvida o alumnado de 1º e 2º, 3º/4º e 5º/6º
Víctor, membro da asociación de criadores da Raza autóctona Galiña de Mos (AVIMOS), ensinounos moitas cousas (e as que nos quedan!): é unha galiña autóctona de Galicia, sabemos que agora mesmo teñen dous meses e medio de vida, arredor dos seis meses comezarán a poñer ovos e poden poñer ovos durante uns 5 anos, podendo chegar a pesar 3kg e moito máis... Agora tócanos coidalas e investigar moito sobre estas compañeiras de patio.
Andamos buscándolle nome, iremos informando... e estamos preparando o terreo para plantar unhas coles...
Moitas grazas a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, mestres e mestras, persoal do centro...) pola implicación e apoio especial que recibimos neste proxecto.
( categories: )
|