Blogue de admin

Reunión Anual Familias

O vindeiro Luns día 25 de Setembro celebraremos a reunión aunual coas familias do alumnado do CEIP de Bretoña pra informar sobre diferentes aspectos organizativos do presente curso escolar. Agardamos a vosa asistencia.

SAÍDA Á MARIÑA LUCENSE

O pasado día 7 de xuño realizamos unha saída á mariña lucense. Pola mañá visitamos e paseamos pola praia das catedrais e pola tarde realizamos xogos na praia da rapadoira. Foi un día moi divertido no que os nosos alumn@s disfrutaron dun entorno natural e fermoso. Para ver as imaxes desta saída aquí.

VISITA AO MIHL

Os nosos alumn@s visitaron o Museo de Historia Interactivo de Lugo. Nel participaron nunha sesión de realidade virtual e visitaron as exposicións temporais e permanentes do museo. Para ver as imaxes pincha aquí.

ASÍ TRABALLA UN FERREIRO. VISITA AO CASTRO DE VILADONGA

Os nosos alumnos visitaron o fermoso castro de Viladonga para coñecer mellor un noble traballo artesá: o do ferreiro. Para ver as imaxes da saída pincha aquí

MURAL DA PRIMAVERA EDUCACIÓN INFANTIL

 

Mural da primavera realizado polo alumnado de Educación Infantil.

CAMIÑO Á BIBLIOTECA

 

Por mor do día do libro deste ano 2017 os alumn@s do centro realizaron, xunto coa mestra Eva, unha serie de carteis decorativos de camiño á biblioteca.  

CAMPIONATO DE XADREZ DA MANCOMUNIDADE

 

O pasado sabado os nosos alumnos/as de 1º e 2º de Primaria participaron nos xogos da mancomunidade conseguindo un brillante 1º e 3º posto na especialidade de Xadrez. NORABOA CAMPIÓNS!!! Para ver as imaxes pincha aquí

DÍA DA AUGA E DA ÁRBORE

O pasado 24 de Marzo conmemoram o día da árbore no CEIP de Bretoña. Este ano plantamos un ameneiro e o nome que saíu elexido dun sorteo entre todo o alumnado do cole foi o de "Oliveiro". 

WELCOME TO BRETOÑA

Onte os nosos alumn@s vivirion un auténtico intercambio cultural. Recibimos a visita no centro dos familiares do noso auxiliar de conversa D. Robert Stolzberg. Foi unha gran xornada na que alumnos e docentes intercambiamos impresións e conversacións cos nosos visitantes estadounidenses.

Thank you very much Lorna, Andrew, Wilson and Grady!!!!

UN DÍA NO MUSEO

Xa están dispoñibles as imaxes da saída á Coruña que realizamos onte. Para ver as imaxes pincha aquí.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer