Blogue de admin

Día internacional contra a Violencia de Xénero

O día 25 de novembro foi o Día internacional contra a Violencia de Xénero. 

O luns 26 conmemoramos na escola este día, facendo un mural na entrada do mesmo e un baile.

Agardamos que vos guste.

Día universal da infancia

O 20 de novembro conmemoramos o Día universal da infancia, recordando os DEREITOS que temos por ser nenas e nenos. Tamén repasamos as nosas OBRIGAS. Aquí tedes o vídeo e a presentación que fixemos.

 

Magosto Curso 18/19

Como nos gustan as castañas !!! Pasámolo xenial celebrando o Magosto e practicando xogos tradicionais da nosa terra. A continuación podedes ver o vídeo: 

Samaín / Halloween

Aquí tedes a celebración do Samaín ou Halloween no noso cole, as fotos son ARREPIANTES!!!!!!!!!!!!!                            Pinchade AQUÍ

Curso 2018-2019

Dámosvos de novo a benvida a outro novo curso escolar, concretamente ó 2018-2019. Deixámosvos unhas fotos do aspecto que presenta o patio do cole, con máis colorido e recordando algúns xogos tradicionais do noso pobo.Para ver máis fotos pincha AQUÍ

Recordade que poderedes seguir todas as novas deste curso, a través deste páxina web.

Un saúdo. 

FIN DE CURSO

 

Os últimos días do curso 2017-2018 pasámolo xenial, participamos na festa da espuma organizada pola ANPA con exhibición de patinaxe incluída; e ademais fixemos unha carreira de orientación e unha andaina por Bretoña. Que mellor forma de rematar o curso que facendo deporte!!!

Pincha aquí para ver as FOTOS.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer