Blogue de admin
ROBERT´S INTERVIEW
Enviado por admin o Xov, 12/04/2018 - 13:20Entrevista dos nosos alumno@s ao auxiliar de conversa Robert Stolzberg.
O NOSO COLE
Enviado por admin o Xov, 12/04/2018 - 12:04Vídeo realizado polos nosos alumn@s, coa colaboración do auxiliar de conversa Robert, presentando o colexio.
PREMIOS POSTAIS NADAL 2017
Enviado por admin o Ven, 09/03/2018 - 12:47O martes día 6 de Marzo os nosos alumn@s acudiron á casa da cultura do Concello de A Pastoriza para recoller os premios do concurso de postais e poesía de Nadal que organiza cada ano a Biblioteca Municipal. Este ano os premiados foron David, Noa e Alba. Se queredes ver as imaxes da entrega de premios pinchade aquí.
Charla Saúde e hixiene corporal
Enviado por admin o Lun, 19/02/2018 - 14:31
O día 2/2/18 os nen@s de 4º e 6º de primaria fixeron unha exposición para todo o colexio sobre hábitos de hixiene e saúde corporal.
FESTA ENTROIDO 2018
Enviado por admin o Ven, 09/02/2018 - 14:59Hoxe celebramos a festa do entroido no CEIP de Bretoña. Este ano quixemos adicalo ao día internacional da muller na ciencia que se celebra o 11 de Febreiro de cada ano. Xa podedes ver as fotos deste divertidísimo día facendo clic aquí.
PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO
Enviado por admin o Mar, 23/01/2018 - 13:58
Bos días a tod@s. Dende o Colexio de Bretoña querémosvos dar a benvida ao Proxecto Deportivo do noso cole.
Pretendemos a creación dun blogue onde informemos das diversas actividades que iremos realizando ao longo do curso escolar 17-18.
A inclusión do centro dentro deste proxecto deportivo; radica fundamentalmente, na necesidade de que a sociedade (nen@s, mestres, pais, nais...) adquira uns hábitos de vida saúdables.
SAÍDA A LUGO
Enviado por admin o Ven, 01/12/2017 - 14:43O día 23 de Novembro fixemos unha saída a Lugo na que visitamos o Museo Provincial e fomos ao cine. Pasámolo Xenial!!!!. En breve, estarán dispoñibles as imaxes deste fantástico día.
Magosto e Concurso do Castañolo 2017/2018
Enviado por admin o Ven, 24/11/2017 - 15:11O pasado día 3 de Novembro celebramos o Magosto no cole. Saboreamos unhas deliciosas castañas asadas e ademais asitimos á resolución dos gañador@s do concurso anual do "Castañolo 2017/2018". Foi un día divertidísmo para todos. Se queres ver as imaxes pincha aquí.
Xa chegou o Samaín!
Enviado por admin o Mar, 31/10/2017 - 13:02Outro ano máis celebramos o samaín ou tamén chamado Halloween. Hoxe foi un día festivo no cal elaboramos postres terroríficos, vsitamos unha exposición de cabazas, asistimos a un contacontos bilingüe e fixemos xogos do Halloween. Se pinchas aquí poderás ver todas as fotos desta xornada festiva.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- seguinte ›
- última »