ATENCIÓN MODIFICACIÓN DOS PRAZOS DO PROCESO DE MATRÍCULACIÓN PARA O CURSO 2020-2021

MODIFICACIÓN DOS PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN.

 

A interrupción do procedemento de admisión pola declaración do estado de alarma modificou todas as datas que tiñamos previstas ata ese día.

A partir do 11 de maio restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma. Polo tanto:

 

ATENCIÓN: Para que as familias non teñan que desprazarse ao centro educativo, sairán publicadasas listaxes de admisión a través da aplicación web admisinalumnado

 

 

 

En admisionalumnado xa está dispoñible a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. RESERVA CURSO 2020/2021 para a ESO

 

 

 

CENTRO DE ADSCRICIÓN

IES Xoán Montes: código de centro 27006553

Rúa Montevideo s/n, 27001 Lugo.

Teléfono: +34 982870407         Fax: +34 982870417

Correo electrónico: ies.xoan.montes@edu.xunta.es         Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesxoanmontes/

 

 

1. RESERVA DE PRAZA (exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos): PRAZO PECHADO

Lembrámoslles que se desexan realizar a reserva de praza para o vindeiro curso 2020/2021 para seguir os estudos no centro de adscrición ( o que nos corresponde é o IES XOÁN MONTES), deberán facelo mediante a presentación do Anexo I (PROCEDEMENTO ED550A) debidamente cuberto na secretaría do centro de orixe (CEIP Benigno Quiroga Ballestros) do 1 ao 17 de febreiro, ambos dous incluídos.

Tamén pode descargarlo nos seguintes enlaces do Anexo I (https://sede.xunta.gal) ou REALIZAR ESTA XESTIÓN ÍNTEGRAMENTE NA APLICACIÓN INFORMÁTICA "admisionalumnado"  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) na que se lle facilita toda a información.

A reseva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa o por escrito presentada antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión (1 de marzo).

Publicado o resultado do sorteo anual de letra de prioridade dos apelidos no procedemento de admisión: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30373

A publicación de postos escolares vacantes terá lugar a última semana de febreiro.

 

 

2. SOLICITUDE DE ADMISIÓN (para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos. Tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 17 de febreiro): PRAZO SUSPENDIDO.

ATENCIÓN, REAPERTURA DO PRAZO E MODIFICACIÓN DOS PRAZOS!!

Para todo NOVO alumnado (o que inicie a súa escolarización e todo aquel que pretenda cambiar de centro).

A  solicitude será única e poderase presentar:

  1. de forma presencial no centro educativo elixido, do 1 ao 16 de marzo SUSPENDIDO.REAPERTURA DO PRAZO DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020, na Secretaría do centro que a rexistrará presentando o impreso Anexo II (Procedemento ED55OB).
  2. ou de forma electrónica na Sede Electrónica a través da aplicación admisión alumnado, DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020. O impreso Anexo II (Procedemento ED55OB)pode atopalo nos seguintes enlaces:
 

 

DEBIDO A QUE EXISTEN MÁIS PETICIÓNS QUE PRAZAS DISPOÑIBLES, TODAS AS SOLICITUDES SERÁN BAREMADAS

A presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo terá lugar DO 19 DE MAIO AO 26 DE MAIO ÁS 14: H ambos os dous incluídos.

 

 

2.1. CRITERIO COMPLEMENTARIO DESTE CENTRO PARA ADMISIÓN DO ALUMNADO

Solicitar centro de ensino público en primeiro lugar: obxecto da solicitude.

 

2.2. FORMA DE ACREDITAR O CRITERIO COMPLEMENTARIO

De oficio polo propio centro, sendo a documentación acreditativa a solicitude de admisión, anexo II, da orde (obxecto de solicitude).

 

2.3. LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS:

As listaxes provisionais de admitidos/as serán publicadas o día 8 DE XUÑO ÁS 14:00H.

*  Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Poderedes facer reclamacións ás listaxes provisionais nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte día ao da súa publicación.

 

 

2.4. LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS:

As listaxes definitivas de admitidos/as será publicadas o 18 de xuño, ás 14:00h.

 

 

 

3. FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:  PRAZO PECHADO

Prazo: Do 1 AO 10 DE XULLO para o alumnado de educación infantil e primaria admitido.

Cubrindo o impreso para Formalización da Matrícula para E. Infantil e E. Primaria (ANEXO III-1) que corresponda, cos datos que se lle piden, imprimilo e entregalo no centro educativo xunto coa documentación que deba acompañar.

 

 Adxudicación subsidiaria de postos escolares

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización* Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares** que se atribúen ao devandito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos Servizos Territoriais de Inspección Educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

 

NORMATIVA

A) NOVOS PRAZOS DO PROCEDEMENTO:

De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 7 DE MAIO DE 2020 SOBRE O RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021.

  *Artigos 15, 16 e 17 do DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 26 de decembro de 2012)

**Artigos 35 e 36 da ORDE de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado (DOG do 15 de marzo de 2013)

 

B) De acordo co establecido na ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, facemos pública a normativa, os formularios de solicitudes de praza para o curso 2020-2021

Para ver a normativa reguladora do proceso de admisión e os Anexos cos FORMULARIOS, pinche encima do que desexe.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG do 1).

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG do 15).

Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado (DOG 26).

 

 

MODELOS DE SOLICITUDE

  • DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA: MODELO ANEXO III-1 MATRÍCULA (ED550A) 
AnexoTamaño
MODIFICACIÓN DOS PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN.pdf175.24 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer