FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Infórmase da publicación no Diario Oficial de Galicia do día 18 de maio de 2022, a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022-23.

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño.

premer na imaxe para acceder á orde

Dibujos de apuntes para colorear

  

  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 3º, 4º de educación primaria.   

O alumnado matriculado en centros incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) dos cursos de 5º e 6º de educación primaria, está excluído da participación do fondo solidario dos libros de texto.

  AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO

 Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado de todos os cursos de educación primaria.

 

DOCUMENTACIÓN

 

- Solicitude de participación (Anexo I)

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados (ED330B anexos I e II) nos seguintes enlaces:

- na aplicación  da Consellería de Educación FONDOLIBROS

- na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia

 

- ou de forma presencial na SECRETARÍA do centro onde estén admitidos para o curso 2022-2023, presentando os seguintes impresos, que tamén estarán a disposición no centro:

 ANEXOS I e II 

 

HORARIO SECRETARÍA

LUNS de 11:00 a 11:45

MARTES 24 e 31 de maio de 16:00 a 17:00

MÉRCORES de 12:15  a 13:00

XOVES de 9:00 a 9:45

VENRES de 10:00 a 10:45

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer