Plataforma GaliciaLe

(clicar na imaxe)

 

"A Xunta de Galicia vén de facilitar as condicións de acceso a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Ata agora só estaba accesible para os usuarios destas bibliotecas, polo que era preciso ter carné, e desde este momento ábrese toda a poboación. Esta nova medida enmárcase na campaña #aculturasegue que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha a raíz da crise sanitaria co obxectivo de ofrecer unha programación de lecer e cultural a través de internet que chegue a todos os fogares da Comunidade.

Deste xeito, as bibliotecas xestionadas polo Goberno autonómico continuarán a desempeñar un papel fundamental na provisión de servizos culturais durante o estado de alarma por mor do coronavirus. Así, entre outros servizos, os galegos poden descargar e visionar nos seus ordenadores, tablets ou móbiles obras en formato dixital de temáticas diversas que cobren un amplo espectro de interese e de idades.

En concreto, GaliciaLe conta con máis de 4.500 títulos, dos que a maioría están en galego e en castelán, pero tamén os hai en inglés, portugués, francés, italiano, catalán e éuscaro, libros infantís, xuvenís e para adultos. Ademais suma 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia que comprenden longametraxes, curtas ou documentais."

 

Máis información.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer