Skip to Content

Letras galegas

RETO SEMANA LETRAS GALEGAS

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

Para esta semana imos descansar dos retos habituais e imos facer  un reto conxunto para as materias de música e educación física.

Nesta ocasión haberá que......BAILAR A MUIÑEIRA!!!

Na entrada deixo un tutorial onde a profe Salomé nos ensina os pasos do baile e unha canción para ensaiar .

Esperamos os vosos vídeos , como sempre, en benchoprofes@gmail.com escribindo no asunto: MUIÑEIRA.

Moitas grazas e ...a bailar!!!

#oestamosconseguindo

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Bo día!

Hoxe 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano adicadas ao escritor Ricardo Carballo Calero

O traballo desta semana , refírome ás propostas desde as titorías e especialidades,  teñen como centro de interés o autor homenaxeado e a celebración desta data . Ides coñecer un pouquiño a Ricardo Carballo , a súa vida , a súa obra , os seus lugares preferidos...unha morea de cousas. Todo con xogos on line moi divertidos. Esperamos que vos guste.

Así, nesta entrada deixo uns vídeos de Sabela Gago cuns contos preciosos. Moitas grazas Sabela por compartir con nós o teu traballo.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Equipo de Biblioteca.

Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut