DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Bo día!

Hoxe 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano adicadas ao escritor Ricardo Carballo Calero

O traballo desta semana , refírome ás propostas desde as titorías e especialidades,  teñen como centro de interés o autor homenaxeado e a celebración desta data . Ides coñecer un pouquiño a Ricardo Carballo , a súa vida , a súa obra , os seus lugares preferidos...unha morea de cousas. Todo con xogos on line moi divertidos. Esperamos que vos guste.

Así, nesta entrada deixo uns vídeos de Sabela Gago cuns contos preciosos. Moitas grazas Sabela por compartir con nós o teu traballo.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Equipo de Biblioteca.

Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega.