Skip to Content

Radio Escolar

AS IMAXES DO PATRIMONIO

O curso pasado as nosas compañeiras Leire de 5ºEP e   Eire de 1ºEP  participaron coas suas fotografías familiares no VII certame de fotografía "Imaxes do Patrimonio" convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas. A fotografía presentada por Leire acadou o 2º premio de Ensino primario.

Grazas as duas por participar e noraboa a Leire.

Se premedes no enlace podedes ver todas as fotos presentadas e as premiadas.

https://escolasnasondas.com/vii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimon...

Anímadevos a participar o próximo ano!!!!

"OS ALCUMES NO PEREIRO"

Este ano a nosa escola participa na Rede de Centros "Ponte...nas Ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial" (PCI).

Os rapaces e rapazas percorreron o noso cancello buscando información sobre os alcumes. Este é o resultado da vosa investigación.

BO TRABALLO!!!!

 

BENCHO CANTA

O Equipo de Dinamización Lingüística presenta

BENCHO CANTA

RADIO NA BIBLIO

En cuarto e quinto de primaria fixemos un obradoiro de radio da man de José María Bara.  A súa paixón pola técnica e locución acompáñao en máis de 25 anos de experiencia no eido da radiodifusión. Desenvolveu diversos postos como locutor/director de magazine, redactor e presentador de informativos e programas musicais entre outras funcións. Realizou traballos na Cadena Ser, 40 Principales, Cadena Cope e Cadena 100. Aprendemos moito e pasamos unha mañá moi amena na súa compaña.

Esperamos poder repetir!!

Álbum: CURSO 23-24 -> FORMACIÓN NA RADIO

17 DE MAIO "DIA DAS LETRAS GALEGAS"

 

En Bencho-Radio celebramos as Letras Galegas con Luisa Villalta, poesías e Mafalda.

 

FACENDO RISAS 2ºA

23 DE FEBREIRO "DIA DE ROSALIA"

 

Os nenos e nenas de 2ºA recitamos a Rosalía

 

 

REFRÁNS - 2ºB

 

Os nenos e nenas de 2ºB traballamos cos refráns.

 

11 FEBREIRO DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 

 

DIA MUNDIAL DA RADIO

Bencho-Radio celebra o Día Mundial da Radio con Ponte nas Ondas.

Fantásticos e fantásticas as nosas reporteiros e reporteiras de 4º EP.

Noraboa!!!!

 http://escolasnasondas.com/

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut