Na clase de 5º de Primaria quixemos interpretar este poema de Antonio García Teijeiro, para lembrar que todavía temos guerras que continuan destrozando vidas e sonos. Este poema escribíuse para sinalar a figura de Alí Smain, un neno que perdeu a toda a súa familia na guerra de Bagdad. Quedou sen os seus brazos e as súas pernas foron queimadas polas armas químicas.
As vidas dos nenos e nenas non deberían sufrir as pésimas decisións dos maiores!
Hoxe para festexar a chegada do Nadal, o alumnado de 5º e 6º de primaria deleitounos co contacontos do libro Antón e o Apalpador da editorial Barafunda, conto escrito por Manuel castro Lima e Mº Del Mar Ameixeiras. Nela narra as pericipecias de Antón cando vai de visita ao Courel a ver a súa madriña Mariña.
O mes de novembro estivo cargado de poesia no Ceip Belesar. O alumnado de 5 e 6 de Primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro co poeta David Fernández Rivera, onde nos abríu a porta a poesia visual e caligramas. O vindeiro luns 10 de decembro, acudiremos a inauguración dunha poesia visual súa no Concello de Baiona e presentaremos as obras conxuntas que fixemos nas aulas.
O alumnado de Infantil e Primaria realizou un video mostrando a súa repulsa á violencia de xénero, adaptando un poema da poeta galega Rosalía de Castro , no que expresan o seu adeus á violencia.
Durante estos días, o cole de Belesar transformouse nun escenario de medo, onde o alumnado de 5º e 6º de primaria rodou unha curta para festexar Samain. No guión, escrito por Cecilia e Carlota, os alumnos e alumnas maiores terán que averiguar que pasa no cole.
Trememos coas suas actuacións!
Aquí tedes o trailer e ao longo da mañá faremos a estrea da curta.