Skip to Content

Normalización

Festival de Entroido

Xa temos o vídeo do festival de Entroido publicado na nosa canle de youtube!

Samaín 2022

O pasado 26 e 27 de outubro festexamos o Samaín no cole. O 26 tivemos a marabillosa visita de Brais das Hortas cos seus "Contos para caghar patatillas" e o 27 organizamos no centro obradoiros de cociña terrorífica.

 

Brais das Hortas en Belesar: Samaín 2.0

Hoxe tivemos a sorte de recibir a Brais das Hortas e gozar do seu espectáculo: Contos para caghar patatillas.

Foi divertidísimo e tanto alumnado como profes pasámolo xenial!

En breve teremos vídeo da actuación, de momento deixamos unha fotiño e unha sorpresiña que lle preparamos a Brais: a nosa versión do seu videoclip "Santa Compaña 2.0"

 

Magosto

O pasado venres festexamos o Magosto no cole, queremos agradecer a Comunidade de Montes de Belesar pola súa colaboración e aos nosos antigos compañeiros Rodríguez e Eduardo que estiveron axudándonos toda a mañá.

Que día tan bonito pasamos!

 

Plan B á excursión de fin de curso

Bo día familias,

por mor das inclemencias meteorolóxicas vémonos obrigados a cancelar a excursión de fin de curso ao Monte Aloia, pero temos preparado un plan B Risa

O luns o alumnado virá ao centro como cada día e levaremos a cabo diferentes actividades:

- Visionado obra de teatro aula de 5 anos.

- Sesión de cine: temos 6 salas de cine preparadas para que o alumnado escolle a súa película preferida.

- Pícnic: cada neno traerá a súa comida e xuntos, en familia Belesar, gozaremos dun magnífico pícnic

- Karaoke

 

Remataremos ás 16.00h, hora a que teredes que vir a recoller os nenos/as.

 

Preguntas:

- Hai transporte escolar? Para subir ao cole si, para baixar non, xa que rematamos ás 16.00h.

- Hai servizo de comedor? Non, posto que cada neno/a traerá a súa propia comida para o picnic.

- Hai que levar comida para un mesmo ou para compartir? Comida para o neno/a.

 

Grazas a todos e feliz finde familias!

Equipo directivo

Semana Cultural. Día 4

Pois xa rematou a Semana Cultural, coma sempre cargadiña de talento!

Aquí tedes o vídeo das actuacións do venres!

Semana Cultural. Día 3

Xa imos polo terceiro día da nosa Semana Cultural, esperemos que a esteades gozando dela tanto coma nós.

Aquí vai o vídeo das actuacións de hoxe!

 

Semana Cultural. Día 2

Hoxe festexamos o segundo día da Semana Cultural onde os violíns foron os protagonistas!

Deixamos o vídeo para que gocedes deste día tan especial!

 

Semana Cultural. Día 1

Como xa é tradición en Belesar na semana das Letras Galegas, este ano adicadas a Florencio Delgado Gurriarán, o alumnado do centro prepara actuacións de forma voluntaria para participar na, tan esperada por todos eles, Semana Cultural.

Deixamos o vídeo do primeiro día de actuacións, esperemos que gocedes del!

A nosa Rosalía

Hoxe, 23 de febreiro, festexamos o Día de Rosalía de Castro, gran poeta e galeguista. O noso cole está sementado de pensamentos en honra a ela, xa que estas eran as súas flores favoritas.

Ademais gustaríanos compartir con vós un vídeo que gravamos co alumnado de 6º de Primaria para presentar ao concurso "A nosa Rosalía".

Esperamos que gocedes del!

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut