Démola benvida a nosa festa da auga 2016, con variados xogos acúaticos moi divertidos e rematamos coa gran batalla de auga entre os rapaces e as rapazas e os mestres e as mestras. Que ben nos sentou e como desfrutamos desta molladura coa calor que fixo. Foi estupenda como sempre e pasámolo xenial!!!
Celebramos a Semana Cultural das Letras Galegas 2016, con diferentes actuacións, onde houbo dende representacións musicais, presentacións de libros e ata trucos de maxia, levadas a cabo polo alumnado do centro. Están feitos uns fenómenos. Noraboa rapaces e rapazas!!!!
Durante esta semana imos ter varias actividades culturais. Unha delas fixémola hoxe. Todos os alumn@s do colexio participaron nun obradoiro de música, onde os instrumentos estaban feitos con material de refugallo.
OS NOVOS GALIÑOS DE BELESAR Como sabedes, o pasado domingo, 13 de marzo, Os Galiños de Belesar estiveron na Radio Galega Música presentando a súa primeira gravación editada "Pequenos sons". Aquí tedes o enlace ó programa "Lume na palleira" (a partires do minuto 11).