Durante estos días, o cole de Belesar transformouse nun escenario de medo, onde o alumnado de 5º e 6º de primaria rodou unha curta para festexar Samain. No guión, escrito por Cecilia e Carlota, os alumnos e alumnas maiores terán que averiguar que pasa no cole.
Trememos coas suas actuacións!
Aquí tedes o trailer e ao longo da mañá faremos a estrea da curta.
O venres foi un día especial para nós, porque participamos na Carreira solidaria da Fundación "Unoentrecienmil", para recaudar fondos en prol da investigación da leucemia infantil.
Alumnado, familias e mestres participaron na carreira, desexando avanzar neste campo.
Onte no centro celebramos o Día das Bibliotecas. O alumnado de Primaria participou nunha gynkana de cine organizada polo equipo de biblioteca. Pasámolo xenial!
Hoxe puidemos asistir co alumnado de 5º e 6º de primaria á representación da obra " Dos contos as contas" en Vigo e despois gozamos coa exposición de fotografías Terras de salitre de Cristina Mittermeier, onde nos mostrou o estreito vinculo que temos co mar.