Skip to Content

Comezamos a Semana Cultural

Hoxe, luns, comezamos coa Semana Cultural adicada a Antonio Fraguas Fraguas. Grazas ao alumnado pola súa participación.

 

Xornada xogaloita no Pavillon de Baiona

Hoxe, participamos na Xornada de Xogaloita do programa do Deporte escolar. Gozamos moito na nela!

 

ROBOTIZANDO BELESAR II

As nenas e nenos de cuarto seguimos afondando no mundo da robótica. Logo de traballar os kits de Lego e de achegarnos á programacion con mBlocky, agora metémonos a construtores! Con moita dedicación e atención montamos os novos robots que chegaron ó colexio. Paso a paso, peza a peza e parafuso a parafuso conseguimos que quedaran xeniais!

 

Entroido e queima do meco

A última semana do febreiro o meco enviounos distintas ordes: vir de películas de ciencia ficción, cómicas, musicais...o xoves 28 celebramos o festival pola tarde na vosa compañía. Á volta queimamos e choramos polo meco.

 

Plantación

O pasado xoves grazas a colaboración da ANPA, da Comunidade de Montes, dos Forestais e do Concello plantamos nun terreo detrás do cole 40 árbores autóctonas. Foi unha experiencia incrible que esperamos repetir!

 

Libre o meu pensamento! Rosalía de Castro

O 24 de febreiro festexamos o Día da  nosa querida Rosalía de Castro; apoiamos a iniciativa da Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega, e destacamos a parte de Rosalía que loita e denuncia as inxustizas, que escribe....

Libre o meu pensamento!!!

O alumnado de 5º e 6º recita o poema " O forno está sin pan" e Cecilia, Noelia e Icia, cantan Negra sombra.

Mar de bicos en Belesar

No cole de Belesar festexamos o amor do bo, amores que  coidan e fan  sentir xenial, amores que  acompañan e  dan ás para voar, amores que respectan... por iso enchimos de bicos o cole con esta canción do grupo Bombai.

 

Ademais na entrada do cole fixemos un mural onde todo o alumnado e profesorado deixamos os nosos beizos marcados...repartimos unha morea de bicos e apertas!

Poesia na aula de 5º

Continuamos coas poesias na aula de 5º de Primaria. Esta vez da mán de Antonio García Teijeiro.

Gozade coas verbas!!

Día da Paz

Hoxe festexamos no cole de Belesar o Día da Paz e da non violencia. Este ano quixemos resaltar o compañerismo e facilitar distintas linguaxes; para iso coñecemos e utilizamos a lingua de signos para interpreatr a canción Todos somos capitáns do libro " A nena e o grilo nun barquiño"de Magín Blanco. 

Lembranza para Alí Smain

Na clase de 5º de Primaria quixemos interpretar este poema de Antonio García Teijeiro, para lembrar que todavía temos  guerras que continuan destrozando vidas e sonos. Este poema escribíuse para sinalar a figura de Alí Smain, un neno que perdeu a toda a súa familia na guerra de Bagdad. Quedou sen os seus brazos e as súas  pernas foron queimadas polas armas químicas.

As vidas dos nenos e nenas non deberían sufrir as pésimas decisións dos maiores!

Distribuir contenido


by Dr. Radut