O pasado venres tivemos a sorte de acompañar a poetisa Bea López, nunha viaxe polos seus poemas. A clase de 5º de primaria gozou co seu proxecto Noctiuluca.
Hoxe pola mañá, tivemos unha xornada marabillosa na que puidemos gozar dun Cross Escolar no Val Miñor. Na Ladeira atopabase o alumnado do CEIP Belesar que participou, e fixéronno moi ben; estamos moi orgullosas do voso esforzo, da vosa forza para caerse e erguerse, do voso tesón e dos vosos resultados.
Hoxe para festexar a chegada do Nadal, o alumnado de 5º e 6º de primaria deleitounos co contacontos do libro Antón e o Apalpador da editorial Barafunda, conto escrito por Manuel castro Lima e Mº Del Mar Ameixeiras. Nela narra as pericipecias de Antón cando vai de visita ao Courel a ver a súa madriña Mariña.
O mes de novembro estivo cargado de poesia no Ceip Belesar. O alumnado de 5 e 6 de Primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro co poeta David Fernández Rivera, onde nos abríu a porta a poesia visual e caligramas. O vindeiro luns 10 de decembro, acudiremos a inauguración dunha poesia visual súa no Concello de Baiona e presentaremos as obras conxuntas que fixemos nas aulas.
O alumnado de Infantil e Primaria realizou un video mostrando a súa repulsa á violencia de xénero, adaptando un poema da poeta galega Rosalía de Castro , no que expresan o seu adeus á violencia.
Cando chove facemos os recreos no patio cuberto central, a maioría dos nenos xogan ao brilé, baloncesto, a facer piruetas, o pilla pilla...outros atopábanse máis perdidos. Para solucionar isto habilitamos tanto para Infantil como para Primaria a zona de biblioteca e informática para que vaian voluntariamente e xoguen alí a distintos xogos que teñen nunha estantería.
Hoxe foi a estrea da zona tranquila e foi todo un éxito, agora os nenos/as están desexando que chova!!!