Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

ABRAPALABRA

O xoves día 28 de abril ás 10 mañá, terá lugar na biblioteca do centro un espectáculo baseado no libro de Antón Cortizas, Jacobo Fernández Serrano e o mago Carlos Coira, que amosará aos rapaces e rapazas toda a maxia que hai na lingua galega.

O QUE SABEMOS SOBRE CASTELAO

Como xa sabedes, con motivo de celebrarse o pasado 30 de xaneiro o aniversario do nacemento de Catelao, levamos a cabo un "mini proxecto" sobre este personaxe galego. Se premedes na imaxe podedes ver todas actividades realizadas e ver os vídeos gravados ao principio e ao final do proceso.


 


2011: ANO DE CUNQUEIRO

 


Neste ano 2011, cumpriranse 100 anos do nacemento en Mondoñedo do escritor Álvaro Cunqueiro. Foi un destacado escritor tanto en lingua galega como en lingua castelá polo que, para homenaxear o seu labor, a Xunta de Galicia declarou o ano 2011 Ano de Cunqueiro.


Se queredes saber máis sobre os actos desta conmemoración podedes pinchar no seguinte enlace:


http://culturaeturismo.xunta.es/actualidade/nova.php?id=2351&lg=gal


E se o que desexades é información  sobre a vida e a  obra de Cunqueiro podedes informarvos aquí


 


 

125 ANOS DO NACEMENTO DE CASTELAO

 

Un día 30 de xaneiro naceu Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, concretamente o 30 de xaneiro de 1886, polo que neste ano celebramos o 125 aniversario do seu nacemento.


Pero sabedes quen foi Castelao??? 


Preme neste enlace e verás "cousas" sobre Castelao. Se queres investigar podes entrar na páxina do Museo Castelao.


http://www.museocastelao.org/entrada.html


 

 

   



CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O venres día 28 celebramos o día da paz. Realizamos un mural no que participaron todos os nenos e nenas dos distintos cursos e pola tarde reunímonos no patio para cantar a canción La paz mundial.


Na biblioteca podes investigar sobre esta data e ver a exposición de libros relacionados coa paz, o amor, a amizade... Anímate a visitala, escolle un e disfruta coa súa lectura!!!


Se queres vela entra en bibliobarqueira.


Distribuir contido


by Dr. Radut