Skip to Content

Actividades curso 2012/2013

Mención de honra no certame IMAXINA CANTARES!!!

Noraboa ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP do noso cole!!! O seu traballo "Has de cantar meniña gaiteira" recibíu do xurado do certame unha mención de honra e polo tanto un recoñecemento formal a todo o seu esforzo.

Moi ben feito rapaces/zas!!!!

Nesta ligazón podedes acceder á páxina da Consellería onde figuran os traballos premiados.

 

 


Letras Galegas á Bolañesa

Este ano o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas foi Roberto Vidal Bolaño e para celebralo,  ademais de realizar diferentes actividades relacionadas co autor visitounos o cociñeiro Caxoto Contacontos quen nos ofreceu un menú a base de "Sopa de Letras Galegras" e "Espagueti á Bolañesa" amenizado polas máis fermosas historias. Despois a alcaldesa agasallou aos nenos e nenas do cole cun libro para cada un.

Entrega de premios

Xa rematou a segunda edición do Gran Premio Lector do CEIP da Barqueira e premiamos aos rapaces a rapazas con estes fantásticos agasallos. Noraboa a tod@s @s participantes!!


23 de Abril - Día do Libro

Onte, 23 de abril celebramos no cole o DÍA DO LIBRO disfrutando dunha xornada especial centrada na figura dos irmáns Grimm e dos seus contos.

Ademais aproveitamos  para celebrar a entrega de premios do certame de Contos e Lendas de Cerdido. Noraboa aos gañadores e gañadoras!

 

Imaxina Cantares

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria interpretou a melodía composta para o poema de Rosalía de Castro "Has de cantar meniña gaiteira" así como realizou un curto de animación. Aquí tedes o resultado!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut