Este ano o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas foi Roberto Vidal Bolaño e para celebralo, ademais de realizar diferentes actividades relacionadas co autor visitounos o cociñeiro Caxoto Contacontos quen nos ofreceu un menú a base de "Sopa de Letras Galegras" e "Espagueti á Bolañesa" amenizado polas máis fermosas historias. Despois a alcaldesa agasallou aos nenos e nenas do cole cun libro para cada un.