Skip to Content

Nadal 2014

 

Chegou o Nadal!! E como non podía ser doutra maneira, no cole celebrámolo como se merece...

Como cada ano, fixemos un concurso de Postais de Nadal, que nesta ocasión gañou Pablo... Parabéns!! Aqui tendes ao gañador e a postal que utilizamos para felicitar as festas a todos os nosos coñecid@s.

 

 

Ademais fixemos un Festival de Nadal memorable no que cantamos, bailamos e actuamos como verdadeiros artistas!! E aínda que non o creades, contamos coa inestimable visita dos Reis Magos de Oriente, que ademais de agasallarnos coa súa presenza e recoller as cartas que lles escribimos con tanto agarimo, nos deixaron un agasallos riquísimos! Botade unha ollada...

 

 

 

 

 

E por suposto, moitísimas grazas a eses dous presentadores que conduciron o evento... fixéstelo de maravilla!

 

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!!

 

 

Maxia vs. Ciencia (05.12.2014)

 

No día de hoxe visitounos no cole un mago-científico da compañía "A Illa d@s nen@s". Si, si, o que estades lendo.

A parte dese acento un tanto extrano que tiña o que nos amosou foi incrible e quedounos moi claro que a ciencia e a maxia son cousas ben distintas, aínda que a simple vista parezan o mesmo.

Fixo cousas coas cores, cos números e coa luz que nos deixaron pasmados. Pero o que máis impresionados nos deixou foi que convertiu a algúns nenos e nenas nun cable humano!!! Asegúrovos que o cable estaba roto e que conseguimos que o son chegara dende o ordenador ata o altofalante tan so colléndonos das mans (ou do nariz, ou chocando as palmas, ou dándonos un bico...) A que non creríades tal cousa?

 

  

 

 

Títeres (20.11.2014)

 

Uf! que mes máis atareado levamos...

Hoxe tivemos outra visita. Unhas amigas da compañía "Musicreques" viñeron a contarnos a historia do Crebanoces cuns títeres taaaaaaan bonitos... e con música en directo! Estivo xenial!

Grazas amigas, voltade cando queirades!

 

     

 

Visita dos Bombeiros Forestais (07.11.2014)

 

Hoxe visitáronnos uns amig@s, nesta ocasión os Bombeiros Forestais do distrito Forestal 1 de Ferrol.

Ensináronnos a importancia de coidar o monte, faláronnos de todas as cousas que nos proporciona e explicáronnos cómo debiamos de comportarnos na natureza. Xogaron con nós, ensináronnos os seus traxes e equipamento, deixáronnos libros para que non se nos esqueza todo o que aprendemos... pero o que máis nos gustou foi o CAMIÓN! Ata poidemos subirnos, que emoción!!

A pena foi que case nos mollamos, e non por culpa da mangueira!!

  

 

  

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut